Nomes Galegos dos Mamíferos 5
INSECTÍVOROS E
QUIRÓPTEROS
A
antiga orde dos INSECTÍVOROS deveu hogano en cinco novas: Erinaceomorpha,
Soricomorpha, Afrosoricida (toupas
douradas e tenrecs de África e
Madagascar), Macroscelidea (musarañas
elefante de África) e Scadentia (tupaias
do Sueste asiático). Mais todos son animais predominantemente pequenos e
solitarios, que se alimentan basicamente doutros animais (predominantemente
insectos e invertebrados) e que contan con tres familias en Europa, e na nosa
terra: erinácidos (dos Erinaceomorpha), tálpidos e sorícidos (ambas dos
Soricomorpha).
Erinácidos:
Ourizo cacho europeu/común (Erinaceus
europaeus) na GMG, 2007 (Guía dos Mamíferos de Galicia). Especie ben coñecida
que se distribúe por Europa occidental até Finlandia, países bálticos
setentrionais e a Rusia próxima polo NE, e oeste de Polonia, Chequia, Austria e
Eslovenia occidental polo centro. Outros nomes galegos son: ourizo cacheiro e
porco espiño. E noutros idiomas: erizo común (castelán), corcuspín/perrucuspín
(asturiano) ou rezcacheiru (ast. occ), ouriço-cacheiro/terrestre (portugués),
eriçó comú/fosc/europeu (catalán), eiriç europèu (occitano), hérisson
commun/européen (francés), hérichon ou urchon (picardo), lurson (valón), riccio
comune/europeo (italiano), ricciu (corso), ris (romañol), respurchee cumün
(lombardo), european/common hedgehog (inglés) e braunbrustigel (alemán).
Alén do que habita en Galiza hai outros tres erinácidos máis
en Europa:
Ourizo cacho oriental setentrional
(Erinaceus roumanicus), antiga subespecie do Erinaceus concolor, que se espalla polo leste de Europa dende
Polonia e Eslovenia como límite occidental até Siberia central polo leste e o
Cáucaso polo sur. Presenta como o “ourizo cacho oriental meridional” unha mancha
branca na gorxa e no peito fronte á ausencia desta no “ourizo cacho común”.
Denominado como: erizo de los Balcanes (castelán), eriçó de pit blanc
septentrional (catalán), hérisson de Roumanie/des Balkans (francés), riccio
orientale (italiano), northern white-breasted hedgehog (inglés) e nördlicher
weißbrustigel (alemán).
Ourizo cacho oriental meridional
(Erinaceus concolor), que logo da reclasificación da subespecie europea só é
europeu pola súa presenza nas illas gregas fronte a Anatolia, xa que se estende
dende esta península e Palestina até o Cáucaso e o NW de Irán; e recibe os
nomes de: erizo oscuro oriental (castelán), eriçó fosc oriental (catalán),
hérisson orientale (francés), ricciodal petto bianco meridionale (italiano), southern
white-breasted hedgehog (inglés) e südlicher Weißbrustigel (alemán).
E o ourizo cacho magrebino
(Atelerix algirus) ou ourizo cacho lourido –segundo algúns textos– , malia que
a súa cor non constitúa a principal diferenza co común, que é propio do norte
do Magrebe, mais tamén habita a beiramar mediterránea española dende Málaga até
Xirona e as Illas Baleares. Ten as denominacións de: erizo moruno (castelán),
eriçó africà/clar (catalán), hérisson d’Algérie/d’Afrique du Nord (francés),
algerian/vagrant hedgehog (inglés) e wanderigel ou algerischer igel (alemán).
Tálpidos:
Desta familia hai seis especies en Europa das nove con que
conta o xénero Talpa, de distribución
eurasiática, e dúas especies únicas de cadanseu xénero: Galemys e Desmana. Porén
só dúas viven en Galiza.
Toupa cega (Talpa occidentalis < T. caeca) na GMG e toupa ibérica na Lista de mamiferos de Galicia -
Wikipedia. A toupa ten varios nomes populares, a maioría procedentes do étimo
latino “talpa”: toupeira (único recollido xunto con “toupa” polo dRAG e forma estándar
do portugués), toupo, teipa/teipe, teupa/teupua/téupoa, tiopa/topia,
tiopo e rata cubeira. Dado que “toupeira” tamén significa: “montón de terra
que deixa a toupa na superficie” e “galería que abre a toupa baixo a terra”,
semella mellor usar “toupa” para denominar o animal porque soamente ten esta
acepción. E cos dous significados non de especie hai tamén numerosas variantes:
teipeira, teipoeira/teipueira, teupoeira, tiopeira/tiupeira, topieira,
toupeiro, toupiñeira, tupieira e terregueiro, porén a máis estendida é a
recolida polo dRAG. Esta especie é un endemismo da Península Ibérica que chega
polo oriente até o País Basco no norte e o leste da Comunidade Valenciana no
sur. Recibe as denominacións de: topo ibérico (castelán), topu (asturiano) e
toupu (ast. occidental) e toupeira (portugués).
Furapreseiras (Galemys pyrenaicus
< antano: Desmana pyrenaica) e furapresas ibérico na GMG. Endemismo ibérico
do Pireneos, o NW ibérico e o Sistema Central. Ten outros nomes galegos: rato
de almiscre, rato almiscreiro, aguaneira/auganeira/aguaneiro,
toupeira de auga, toupa de río. E
estas denominacións noutras linguas: desmán ibérico/de los Pirineos ou
almizclera (castelán), ratu d’agua ou topu fediondu (asturiano), toupeira-de-água
ou rato-papialvo/-de-bico-comprido/-almiscareiro (portugués), almesquera
(catalán), desman des Pyrénées ou rat-trompette (francés), pyrenean desman
(inglés) e Pyrenäen-desman (alemán).
E os outros tálpidos europeus non galegos son:
Toupa cubeira (Talpa europea) e Toupa
europea na GMG. Distribúese por Europa dende Gran Bretaña e o NE de
España, onde ocupa o norte do cuadrante NE dende o leste de Asturias até Xirona,
até o sur de Escandinavia e Rusia central, faltando en Irlanda, a maior parte
de Italia e o sur dos Balcáns. Recibe os nomes de: topo europeo (castelán), tauba
ou tabonero (aragonés), talp (catalán), taupe d’Europe (francés),
jarbon/zharbon (arpitán), talpa europea (italiano), ciupinara/cipunara ou
topinara (véneto), cârtita (romanés), european/common/northern mole (inglés),
mowdiwarp (escocés) e europäische maulwurf (alemán).
Toupa cega (Talpa caeca).
Propia de Italia até as ladeiras dos Alpes e dos Balcáns dende Serbia e
Montenegro até Grecia. Ao igual ca a nosa toupa ten os ollos cubertos por unha
membrana, de aí o seu nome. Denominada como: topo ciego (castelán), talp cec
(catalán), taupe aveugle (francés), talpa cieca (italiano), blind mole (inglés)
e blindmaulwurf (alemán).
Toupa romana (Talpa romana).
Endemismo do centro e sur da Península Itálica. Que recibe os nomes de: topo
romano (castelán), talpa romana (italiano) e roman mole (inglés).
Toupa balcánica (Talpa
stankovici). Endemismo balcánico compartido por Albania, Serbia, Macedonia e
Grecia. Denominado como: topo de los Balcanes (castelán), talp dels Balcáns (catalán),
taupe des Balkans/orientale/de Stankovic (francés) e Balkan mole (inglés).
Toupa levantina (Talpa
levantis). Especie propia do Cáucaso e rexións adxacentes, o NW de Irán, norte
de Anatolia a carón do Mar Negro até a Turquía europea e o extremo SE de
Bulgaria. Denominado como: topo oriental (castelán), talp oriental (catalán),
taupe du Levant (francés) e Levant mole (inglés).
Desmán (Desmana moschata).
Único representante do seu xénero, distribuído no leste de Ucraína e o centro
de Rusia, nas bacías do Volga, o Don e ríos procedentes dos Urais; moi
semellante en aspecto e hábitos á nosa aguaneira. Denominado como: desmán
almizclado/ruso (castelán), almesquera siberiana (catalán), desman de
Moscovie/russe (francés), desman russo (italiano), russian desman (inglés) e
russische desman, bisamrüssler ou wychochol (alemán). Dado que en galego non
chamamos “desmán” ao Galemys pyrenaicus
non parece necesario usar adxectivo ningún acompañando o nome desta especie,
tomado do seu nome científico de xénero coma na maioría dos casos.
Sorícidos:
Os tres xéneros desta familia que habitan na nosa terra distínguense
por tres características: o rabo, as orellas e mais os dentes. Rabo curto, sen
chegar na súa longura nin á metade do corpo, orellas grandes e ben visíbeis, e
dentes brancos no xénero Crocidura;
rabo longo, con case a mesma longura ca o corpo, orellas pequenas e dentes
roxos no xénero Sorex; e rabo longo,
orellas ocultas na pelaxe e dentes tamén roxos no xénero Neomys. Mais os tres xéneros reciben varios nomes na fala popular sen
diferenciar entre eles: corta (N da
Coruña e recollido como sinónimo de “musaraña” na súa 5ª acepción polo dRAG), fura (recollido polo dXerais, pero
nalgúns lugares –Illa de Arousa ou Pombeiro (LU)– significa “rato”), furaño (recollido nalgúns dicionarios
como sinónimo de “musaraña” pero tamén de “ratiño campestre”), furón (N da Coruña), fozón (Bergantiños), musaraña (recollido no dRAG e en varios
dicionarios galegos dende finais do s. XIX), muraño (recollido como sinónimo de “musaraña” no dRAG na súa 1ª
acepción e como sinónimo de “rato pequeno” na súa 2ª acepción), musgaño (aparece en varios dicionarios
galegos dende finais do s.XIX) e murgaño
(aparece nun dicionario de 1876 e no Atlas de Vertebrados de Galicia, SGHN,
1995). En latín recibiron o nome de: mus
araneus (= rato araña), porque se cría que posuían veleno coma as arañas,
orixe das formas romances: musaraña, musaranho,
musaranya e musaraigne; mentres que un hipotético “muricaneus”, daría orixe por evolución a “murgaño” > “muraño” e a “musgaño”
por influencia de “musaraña?”. De todas as denominacións, as únicas que
recollen os principais dicionarios actuais como palabras sinónimas para
denominaren os sorícidos son: musaraña e muraño.
En Galiza viven sete especies, e dende un inicio a SGHN
decidiu aplicar a cada xénero un nome común diferente: furaño para Crocidura, furafollas
para Sorex e musgaño > murgaño > muraño para Neomys, rexeitando usar a denominación máis común: musaraña, seica por a considerar un
castelanismo. Seguía o exemplo do francés, que por veces usa nomes diferentes
face ao maioritariamente usual “musaraigne” (Crocidura - crocidure, Sorex e
Neomys – musaraigne e Suncus - pachyure),o italiano (Crocidura – crocidura,
Sorex e Neomys – toporagno e Suncus – mustiolo) e, parcialmente, o castelán, que
usa dúas palabras, perfeitamente sinónimas na fala popular, para diferenciar
xéneros: musaraña para Crocidura e
Sorex, e musgaño para Neomys e
Suncus. Fronte a estes exemplos singulares as demais linguas europeas utilizan
maioritariamente un único nome xeral para todos os sorícidos: musaranho (portugués, onde a forma
sinónima morganho é anticuada e
desusada), musaranya (catalán), chitcan (romanés), shrew (inglés), spitzmaus
(= rato bicudo, alemán), spitsmuis
(neerlandés), spidsmus (danés), spissmus (noruegués), näbbmus (sueco), satitsu (basco), päästäinen
(finés) ou cickány (húngaro).
Non obstante, esta escolla presenta algúns defectos: “furafollas”
é unha palabra que ningún dicionario recolle como sinónimo de musaraña, mais
si, incluído o dRAG, aparece como sinónimo do paxaro picafollas (Phylloscopus collybita), o picafollas europeu da Guía das Aves de Galicia (Baía edicións,
2004); “furaño” apenas aparece nun par de dicionarios do século pasado, mentres
que “muraño”, que si aparece nos tres
principais dicionarios actuais como sinónimo de “musaraña”, tamén aparece
nalgúns, incluído o dRAG, coa acepción de “rato pequeno”. Así e todo, esta
palabra é a máis recomendábel das tres usadas nas listas zoolóxicas, por estar
ao mesmo tempo ben recollida polas obras lexicográficas contemporáneas. Na miña
proposta denominativa, xunto ao nome xeral (muraño)
aparece a característica física máis visíbel do xénero Crocidura: as súas grandes orellas, para designar as súas especies;
e a máis ambiental do xénero Neomys:
a súa querenza pola auga, para designar as súas especies, tal como fan a
maioría dos idiomas; ficando o xénero Sorex,
que dá nome á familia, sen adxectivo caracterizador. A seguir as sete especies que
habitan Galiza:
Muraño orelludo xardineiro
(Crocidura suaveolens) e furaño de
xardín na GMG. Especie eurasiática dende Portugal até Manchuria e Corea,
evitando a Europa setentrional. Ten como denominacións: musaraña campesina/de
campo (castelán), ratín de focicu llargu (asturiano), morganho-jardineiro ou musaranho-de-dentes-brancos-pequeno
(portugués), musaranya de jardí (catalán), musaraigne/crocidure des jardins
(francés), crocidura minore ou topino odoroso (italiano), lesser white-toothed
shrew (inglés) e gartenspitzmaus (alemán).
Muraño orelludo común
(Crocidura russula) e furaño común
na GMG. Distribuído por Europa occidental até os Países Baixos polo norte,
Polonia e Hungría polo leste, e o norte de Italia polo SE, tamén habita a
beiramar setentrional do Magrebe. Denominado como: musaraña común/gris
(castelán), ratu de focicu llargu ou surnia (asturiano), morganho-domêstico ou musaranho-de-dentes-brancos-grande
(portugués), musaranya comuna (catalán), musaraigne/crocidure musette
(francés), crocidura rossiccia, toporagno dai denti bianchi maggiore ou topino
petti rosso (italiano), greater white-toothed shrew (inglés) e hausspitzmaus
(alemán).
muraño grande (Sorex
coronatus) e furafollas grande na GMG.
Propia de Franza, con límites ao leste no sur dos Países Baixos, occidente de
Alemaña e NW de Italia, e ao sur o extremo setentrional de España. Recibe os
nomes de: musaraña tricolor/de Millet (castelán), musaranya de Millet
(catalán), musaraigne jumelle/couronnée (francés), Millet’s shrew (inglés) e
schabrackenspitzmaus (alemán).
Muraño pequeno (Sorex
minutus) e furafollas pequeno na GMG.
Especie que habita a maior parte de Europa, agás as illas mediterráneas e a
maior parte de España, onde só mora na parte máis setentrional. Recibe as denominacións
de: musaraña enana (castelán), musaranho-anão-de-dentes-vermelhos (portugués), musaranya
nana (catalán), musaraigne pygmée (francés), toporagno nano (italiano),
pygmy/lesser shrew (inglés) e zwergspitzmaus (alemán).
Muraño ibérico (Sorex
granarius) e furafollas ibérico na
GMG. Endemismo das montañas centrais e setentrionais ibéricas. Denominado como:
musaraña ibérica (castelán), musaranho-de-dentes-vermelhos ou musaranho-ibérico
(portugués), musaraigne d’Espagne (francés), spanish shrew (inglés) e spanische
spitzmaus (alemán).
Muraño acuático/de auga patibranco
(Neomys fodiens) e muraño patibranco
na GMG. Musaraña acuática que habita a maior parte de Europa, fóra da maior
parte de Ibéria, onde só mora nunha franxa setentrional, as illas do
Mediterráneo e Irlanda, e que chega polo leste até o lago Baikal. Outros nomes
galegos: murgaño patibranco e morgaño papialbo (Atlas de Vertebrados de
Galicia, SGHN, 1995). Nomes noutras linguas: musgaño patiblanco (castelán),
musgañu d’agua (asturiano), musaranya d’aigua/aquàtica pirinenca (catalán),
musaraigne aquatique (francés), toporagno acquaiolo/d’acqua (italiano), water
shrew (inglés), satitsu-ankazuri (basco) e wasserspitzmaus (alemán).
Muraño acuático/de auga de Cabrera
(Neomys anomalus) e muraño de Cabrera
na GMG. Especie acuática, pero menos ca anterior, propia dos sistemas
montañosos de Europa occidental e meridional e da estepa oriental até o río
Don. Outros nomes galegos: murgaño/morgaño de Cabrera (Atlas de Vertebrados de
Galicia, SGHN, 1995). Denominacións noutros idiomas: musgaño de Cabrera
(castelán), musaranya d’aigua/aquàtica mediterrània (catalán), musaranho/morganho-de-água
(portugués), musaraigne/crossope de Miller (francés), toporagno acquaiolo/acquatico
di Miller (italiano), Miller’s water shrew (inglés), ur-satitsu (basco) e
sumpfspitzmaus (alemán).
E muraños doutras partes de España e Europa:
Muraño anano (Suncus etruscus)
que foi denominado “alimancha pequerrecha”pola
SGHN na súa lista patrón de 1980, aínda que non mora na nosa terra. Os da SGHN
non debían gustar moito deste animaliño polo que decidiron insultalo por
partida dupla: primeiro co despectivo “alimancha” e logo, debido ao seu
diminuto tamaño, co despectivo “pequerrecho” –outra opción que non convén
descartar é que estivesen de troula mentres facían a lista patrón–. Esta
especie considerada o mamífero máis pequeno do mundo ten unha distribución ao
redor do Mediterráneo e zonas separadas de Asia meridional, e na Península
ibérica só está ausente do cuadrante NW. Recibe os nomes de: musgaño enano ou
musarañita (castelán), musaranho-anão-de-dentes-brancos, musaranho-pigmeu ou
morganho-anão (portugués), musaranya etrusca (catalán), musaraigne étrusque ou
pachyure (francés), mustiolo (toscano)ou pachiuro etrusco (italiano), etruscan
shrew ou white-toothed pygmy shrew ou Savi’s pygmy shrew (inglés) e
etruskerspitzmaus (alemán).
Muraño orelludo bicolor (Crocidura
leucodon). Musaraña distribuída por Europa central dende o oeste de Franza até
o sur de Rusia, evitando o SW de Europa, a maior parte da Península Itálica e o
norte de Europa. Ten como nomes: musaraña bicolor (castelán), musaranya bicolor
(catalán), musaraigne bicolore ou crocidure leucode (francés), crocidura a
ventre bianco ou topino pancia bianca (italiano), bicoloured whit-toothed shrew
(inglés) e feldspitzmaus (alemán).
Muraño orelludo siciliano (Crocidura
sicula). Endemismo de Sicilia e da illa de Gozo en Malta. Recibe a denominación
unánime de: musaraña de Sicilia (castelán), musaranya de Sicilia (catalán),
crocidure de Sicilie (francés), crocidura siciliana ou toporagno siciliano (italiano)
e sicilian shrew (inglés).
Muraño orelludo norteafricano
(Crocidura ichnusae). Antano considerado subespecie de C. russula, habita o
norte de Tunisia e o NE de Alxeria e as illas de Sardeña, Pantelleria (Italia) e
Eivisa en Europa. Denominado como: crocidure d’Afrique du Nord (francés), crocidura
mediterranea (italiano) e North african white-toothed shrew (inglés).
Muraño orelludo de Guldenstadt
(Crocidura gueldenstaedti). Outrora considerado subespecie de C. russula, habita o norte de Anatolia e
a illa de Creta en Europa. Todas as denominacións se basean no seu nome
científico: musaraña de Güldenstädt (castelán), crocidure de Gúldenstädt
(francés), Güldenstädt’s white-toothed shrew (inglés) e Güldenstädt’s spitzmaus
(alemán).
Muraño orelludo de Zimmermann
(Crocidura zimmermanni). Ao igual ca o muraño anterior tamén foi considerado
subespecie de C. russula este
endemismo da illa de Creta, e recibe denominacións maioritariamente copiadas do
seu nome científico: musaraña de Zimmermann (castelán), crocidure de Zimmermann
(francés), Zimmermann’s white-toothed shrew (inglés) e Kretaspitzmaus (alemán).
Muraño rabicadrado (Sorex
araneus). Especie que mora no leste de Europa dende os Países Baixos até
Italia, incluíndo a illa de Gran Bretaña, e que en España unicamente se acha no
norte de Cataluña. Recibe os nomes de: musaraña bicolor/colicuadrada (castelán),
musaranya cuaquadrada (catalán), musaraigne carrelet (francés), toporagno
comune (italiano), common shrew (inglés) e waldspitzmaus (alemán).
Muraño miúdo (Sorex
minutissimus). Especie eurasiática case tan pequena coma o muraño anano, que
mora dende Finlandia e Rusia setentrional até o Xapón. Recibe as denominacións
de: musaraña mínima/menuda (castelán), musaraigne naine (francés), least shrew
(inglés) e knirpsspitzmaus (alemán).
Muraño itálico (Sorex
samniticus). Endemismo italiano dende a Toscana até o sur peninsular,
denominado como: musaraña de los Apeninos (castelán), musaraigne italienne
(francés), toporagno italico/appenninico (italiano), Apennine shrew (inglés) e
Apenninspitzmaus (alemán).
Muraño careto (Sorex
caecutiens). Especie eurasiática dende o norte de Escandinavia e o leste de
Estonie e Bielorrusia até o norte de Corea e do Xapón. Recibe os nomes de:
musaraña careta/de Laxmann (castelán), musaranya de Laxmann (catalán), musaraigne
masquée/lapone (francés), Laxmann’s/masked shrew (inglés) e maskenspitzmaus ou
Lapplandspitzmaus (alemán).
Muraño da taiga (Sorex isodon).
Especie eurasiática dende Finlandia e norte de Bielorrusia até China
setentrional e illas Sakhalín, denominada noutras linguas como: musaraña oscura
europea (castelán), musaranya fosca europea (catalán), musaraigne foncée
(francés), taiga/even-toothed/dusky shrew (inglés) e taigaspitzmaus (alemán).
Muraño alpino (Sorex
alpinus). Endemismo das altas montañas de Europa: Alpes, Cárpatos, Sudetes,
Alpes dináricos e Pireneos. Denominado como: musaraña alpina (castelán),
musaranya muntanyenca (catalán), musaraigne alpine (francés), toporagno alpino
(italiano), alpine shrew (inglés) e Alpenspitzmaus (alemán).
Muraño do Valais (Sorex
antinorii). Endemismo de Italia, SE de Franza e sur de Suíza. Denomido como:
musaraigne du Valais (francés) e Valais shrew (inglés).
QUIRÓPTEROS
Esta orde divídese en dúas subordes: os Megaquirópteros, coñecidos popularmente como “raposos voadores” e propios das rexións tropicais e subtropicais do
Vello Mundo; e os Microquirópteros,
que inclúen os que chamamos “morcegos”,
son de menor tamaño e habitan en todo o planeta, agás a Antártida e as rexións
árticas. De todas as familias desta última suborde, só tres contan con
representantes en Europa: Molósidos, Rinolófidos e Vespertiliónidos.
En Galiza rexístranse actualmente vinte e catro especies.
Todas elas reciben popularmente de xeito maioritario denominacións derivadas do
étimo latino: mure caecus (= rato
cego): moncego, monicego, morcego, morcexo, moricego, morricego, morxego, municego, muracego, murcego, muricego, murocego e murucego, sendo morcego,
con diferenza, a forma máis usada, seguida de murcego e muricego (forma incluída
no dRAG como menos recomendábel). Mais tamén se rexistran outros nomes como: espertello (recollido en dicionarios dende o s.XIX,
incluído o dXerais pero non no dRAG), esportello
(variante propia do leste de Lugo) ou esperteiro
(con etimoloxía popular), que teñen a mesma orixe ca a forma mais usada en
asturiano: esperteyu, a forma latina
clásica: “vespertilium”; e touciñeiro (recollido na comarca de
Fisterra).
En todas as linguas románicas –ou non– non se dan nomes
populares diferentes ás distintas especies, aínda que moitas presentan, coma o
galego, unha gran variedade de nomes e variantes para denominaren os
quirópteros. Así:
Aragonés: afogacandil, apagacandil, ventadera, moriciego e
morciegalo.
Asturiano: esperteyu, espertu/espertíu, espertín,
espantagüeyos, murciégalu/murciéganu e morcíganu.
Castelán: murciélago (< murciégalo < mure caecalus,
forma aínda viva nalgúns lugares), murceguillo (< ant. murciego) e
vespertillo.
Portugués: morcego; mais no Brasil tamén se usan
denominacións de orixe tupí (ãdirá>): andirá ou guandira, e andirá-açu (=
vampiro).
Catalán: ratpenat, rata penada e rata pinyada (en Cataluña);
ratot/rató, rateta voladora, moceguello/muceguello, mocigaló, almorcígol,
mocègol, muicego, muixego/moixego, moixégol (na Comunidade Valenciana).
Occitano: ratapenada e ratapinhata.
Francés: chauve-souri (< lat. calva sorice = rato calvo).
Valón: tchawe-sori/tchet-sori e sori volante.
Picardo: soerie-volante e cachsoerie.
Normando: caûque-souothis e câoque-souoris.
Italiano: pipistrello (< lat. vipistrello <
vespertilium).
Corso: topu pinnutu e sora pinnuta.
Romañol: papastrèl.
Lígur: ratto penugo.
Napolitano: scherpíngeche.
Siciliano: taddarita/taddarica e sùrici vecchiu (= rato
vello).
Piemontés: ratavolòira.
Sardo: alipedre (= ás de pé), arratapignata, cincideddu,
murreddu, pibiristeddu, pinneddu, ragabedde, tutureddu, etc.
Romanés: liliac.
Vasco: saguzar < saguzahar (= rato vello).
Alemán: fledermaus (= rato voador); sueco: fladdermöss;
noruegués: flaggermus.
Para escoller a denominación estándar se usa os nomes
utilizados nas dúas listas máis completas e recentes: a Guía dos Mamíferos de
Galicia, Baía Edicións, 2007 (GMG no texto) e a Lista Patrón dos Morcegos de
Galicia de R.J. Hermida, 2013 (Hermida no texto); mais tamén se fai referencia
a denominacións usadas noutras listas anteriores cando procede. A preferencia
entre as diferentes propostas cando non haxa coincidencia vén condicionada pola
maior similitude coa forma maioritaria usada no resto das linguas occidentais,
dado que a diferenciación física entre especies é na maioría dos casos un labor
propio de expertos.
Molósidos:
Morcego rabudo (Tadarida
teniotis). Única especie desta familia con presenza en Europa, exactamente no
sur, ao redor do Mediterráneo, e tamén no norte de África até o Oriente Próximo
e zonas de Irán e Afganistán; e presente en Galiza nas provincias de Lugo, agás
no norte, e Ourense. Recibe os nomes de: murciélago rabudo (castelán),
morcego-rabudo/-de-Cestoni (portugués), ratpenat cuallarg europeu (catalán),
molosse de Cestoni (francés), molosso di Cestoni (italiano), european
free-tailed bat, bulldog bat ou mastiff bat (inglés) e europaïsche
bulldoggfledermaus (alemán).
Rinolófidos:
Morcego de ferradura grande (Rhinolophus
ferrumequinum) en Hermida ou morcego grande de ferradura na GMG. Especie paleártica
meridional, dende o sur de Inglaterra, Portugal e o norte do Magrebe até o
Xapón, pasando polo centro e sur de Europa, Anatolia, o Cáucaso, Irán, Asia
central e o Himalaia; e que está presente por toda Galiza. Denominado como: murciélago
grande de herradura/de herradura grande ou rinolofo grande (castelán), morcego-de-ferradura-grande
(portugués), esperteyu grande de ferradura (asturiano), ratpenat gran de
ferradura ou ratpenat de ferradura gros (catalán), grand rhinolophe (fer à
cheval)/obscur ou grand fer à cheval (francés), rinolofo/ferro di cavallo
maggiore (italiano), greater horseshoe bat (inglés) e grosse hufeisennase (alemán).
Morcego de ferradura pequeno
(Rhinolophus hipposideros) en Hermida ou morcego pequeno de ferradura na GMG. O
rinolofo máis pequeño do Paleártico e que máis ao norte chega en Europa, até o centro
de Inglaterra, Alemaña e Polonia, abranxe polo sur o norte do Magrebe e polo
leste até o sur de Irán e zonas illadas de Asia central; tamén está presente en
toda Galiza. Recibe os nomes de: murciélago pequeño de herradura/de herradura
pequeño ou rinolofo pequeño (castelán), morcego-de-ferradura-pequeno (portugués),
esperteyu pequeñu de ferradura (asturiano), ratpenat petit de ferradura/de
ferradura petit (catalán), pichon rinolòf ou pichon fèrre de caval (occitano), petit
rhinolophe (fer à cheval) ou petit fer à cheval (francés), rinolofo minore ou
ferro di cavallo minore (italiano), lesser horseshoe bat (inglés) e kleine
hufeisennase (alemán).
Morcego de ferradura mediterráneo
(Rhinolophus euryale) en Hermida ou morcego mediterráneo de ferradura na GMG. Habita
a cunca mediterránea, incluída a costa do Magrebe, a costa palestina, o sur do
Cáucaso e os montes Zagros; mais en Galiza rarea no centro e no leste de
Ourense. Nomes noutras linguas: murciélago mediterráneo de herradura/de
herradura mediterráneo ou rinolofo mediterráneo (castelán),
morcego-de-ferradura-mediterrânico (portugués), ratpenat mediterrani de
ferradura/de ferradura mediterrani (catalán), rhinolophe euryale (francés),
rinolofo euriale ou ferro di cavallo euriale (italiano), mediterranean
horseshoe bat (inglés) e Mittelmeer-hufeisennase (alemán).
Morcego de ferradura de Mehely
(Rhinolophus mehelyi). Especie dispersa pola bacía mediterránea: Iberia ao sur
do Douro e do Ebro, norte do Magrebe, Sardeña, Sicilia, Balcáns orientais e Anatolia
occidental e meridional até Cáucaso e montes Zagros polo leste; xa que logo, ausente
de Galiza. Recibe os nomes de: murciélago mediano de herradura ou rinolofo
mediano (castelán), morcego-de-ferradura-mourisco (portugués), ratpenat de
ferradura mitjà (catalán), rhinolophe de Méhely (francés), rinolofo di Méhely ou
ferro di cavallo di Mehely (italiano), Mehely’s horseshoe bat (inglés) e
Mehely-hufeisennase (alemán).
Morcego de ferradura de Blasius (Rhinolophus
blasii). Especie con distribución fragmentaria polo Vello Mundo: en Europa só
mora en zonas dos Balcáns; en Asia na costa de Anatolia, Palestina, sur da
Península Arábiga, Irán e Afganistán; e en África no norte do Magrebe, Etiopía
e zonas meridionais do continente. Denominado nas demais linguas como: rinolofo
de Blasius ou murciélago de herradura de Blasius e murciélago dálmata de
herradura (castelán), ratpenat de ferradura de Blasius (catalán), rhinolophe de
Blasius (francés), rinolofo di Blasius ou ferro di cavall de Blasius (italiano),
Blasius’ horseshoe bat (inglés) e Blasius-hufeisennase (alemán).
Vespertiliónidos:
Morcego rateiro grande
(Myotis myotis), denominado “morcego de orellas de rato grande” polo SEG
(Seminario de Estudos Galegos) no seu Inventario dos Morcegos de Galicia, 1988.
A especie meirande do seu xénero en Europa habita a cunca setentrional do
Mediterráneo, chegando polo norte ao centro do continente e polo leste ao NW de
Irán; en Galiza falta no oeste da Coruña e no leste de Ourense. Ten os nomes de:
murciélago ratonero grande ou (antano:) murciélago ratero (castelán), morcego-rato/ratoeiro-grande
(portugués), esperteyón (asturiano), ratpenat de musell llarg (catalán), grand
murin ou vespertilion murin (francés), vespertilio maggiore (italiano), greater
mouse-eared bat (inglés) e großes mausohr ou grossmausohr (alemán).
Morcego rateiro mediano
(Myotis blythii) na GMG e en Hermida ou morcego rateiro pequeno na SGHN. Especie
eurasiática, dende Portugal, pasando polo norte da cunca mediterránea, até Anatolia,
Palestina, Irán e Afganistán; e en Galiza unicamente se rexistrou nunha
localidade do leste de Ourense. Recibe os nomes de: murciélago ratonero mediano
ou (antano:) murciélago ratonero (castelán), morcego-rato-pequeno (portugués), ratpenat
de musell agut (catalán), pichon murin (occitano), petit murin ou vespertilion
de Monticelli (francés), vespertilio di Blyth (italiano), lesser mouse-eared
bat (inglés) e kleines mausohr ou kleinmausohr (alemán).
Morcego rateiro gris (Myotis
escalerai) en Hermida. Especie propia de Iberia, Illas Baleares e Franza
meridional, que antano estaba incluída en M.
nattereri; en Galiza falta na beiramar da Coruña e Lugo. Recibe os nomes de:
murciélago ratonero gris (ibérico) (castelán), ratpenat de doble serrell
(catalán) e murin d’Escalera (francés).
Morcego bigotudo (Myotis
mystacinus) en Hermida ou morcego de bigotes na GMG. Especie europea que tamén
habita o norte de Anatolia e do Cáucaso e parte de Rusia setentrional, mais
falta en Escocia, na maior parte de Escandinavia e do norte de Finlandia, no
sur de Iberia, na maior parte de Italia e no sur de Grecia; en Galiza só se
rexistrou nas fragas do Eume e no norte de Pontevedra. Denominacións noutros
idiomas: murciélago ratonero bigotudo ou (antano:) murciélago bigotudo (castelán),
morcego-de-bigodes (portugués), ratpenat de bigotis (catalán), murin/vespertilion
à moustaches (francés), vespertilio mustacchino (italiano), whiskered bat
(inglés) e kleine bartfledermaus (alemán).
Morcego bigotudo pequeno
(Myotis alcathoe) en Hermida. Especie descrita en 2001 e rexistrada en Franza,
en puntos dos Balcáns e do centro de Europa, e en España: no País Basco e
Navarra, a Rioxa, norte de Cataluña e en Galiza unicamente nalgún lugar do
norte da Coruña e do leste de Lugo. Recibe os nomes de: murciélago ratonero bigotudo
pigmeo/pequeño (castelán), ratpenat de bigotis petit (catalán), murin d’Alcathoé
(francés), vespertilio d’Alcatoe (italiano) e nymphenfledermaus (alemán).
Morcego de orella fendida (Myotis
emarginatus) na GMG e en Hermida ou morcego de orellas dentadas na SGHN. Distribuído
por Europa central e meridional, limitando ao norte con Bélxica, Alemaña
setentrional, sur de Polonia e Romanía, e ao sur habitando o norte do Magrebe, chega
en Asia até Usbequistán, pasando polo leste de Anatolia, Palestina, Cáucaso e
Irán; en España é máis común no norte e en Galiza evita o occidente de
Pontevedra e a Coruña. Recibe os nomes de: murciélago ratonero pardo ou
murciélago de oreja partida/orejirroto (castelán), morcego-lanudo (portugués), ratpenat
d’orelles dentades (catalán), murin/vespertilion à oreilles échancrées ou murin
emarginé (francés), vespertilio smarginato (italiano), Geoffroy’s bat (inglés)
e wimperfledermaus (alemán).
Morcego de Natterer (Myotis
nattereri). Especie europea que chega até o sur de Suecia e de Finlandia, oeste
de Rusia e de Ucraína, zona ao redor do Cáucaso, beiramar mediterránea de
Anatolia e Palestina e zonas do norte do Magrebe; e en Galiza abunda máis nas
serras do leste de Lugo, nas fragas do Eume e na provincia de Ourense. Denominado
como: murciélago ratonero gris ou murciélago de Natterer (castelán),
morcego-de-franja/-de-Natterer (portugués), ratpenat de Natterer (catalán), murin/vespertilion
de Natterer (francés), vespertilio di Natterer (italiano), Natterer’s bat
(inglés) e fransenfledermaus (alemán).
Morcego rateiro forestal (Myotis bechsteinii) en Hermida ou morcego de Bechstein na GMG. Especie europea, dende
Iberia setentrional e o sur de Inglaterra no oeste até o sur de Suecia no norte
e o oeste de Ucraína no leste, cunha zona illada ao norte do Cáucaso e faltando
na maior parte de Italia fóra do extremo setentrional; rexistrado en Galiza
nalgúns bosques de Pontevedra, a Coruña e a Serra do Xurés. Nomes noutros
idiomas: murciélago ratonero forestal ou murciélago de Bechstein (castelán),
morcego-de-Bechstein (portugués), ratpenat de Bechstein (catalán), murin/vespertilion
de Bechstein (francés), vespertilio di Bechstein (italiano), Bechstein’s bat
(inglés) e Bechsteinfledermaus (alemán).
Morcego do río (Myotis
daubentonii) en Hermida ou morcego das ribeiras na GMG e morcego de Daubenton
na SGHN. Especie eurasiática dende Portugal, Irlanda, sur de Escocia e de
Noruega no oeste até Siberia oriental, Corea e mais o norte do Xapón no leste,
percorrendo Rusia e Siberia meridional; en Galiza abunda máis en Pontevedra e
Ourense e no golfo ártabro. En 1977 describiuse unha nova especie: Myotis nathalinae, que finalmente se
comprobou ser a mesma ca M. daubentonii.
Denominado como: murciélago ratonero ribereño ou (antano:) murciélago
ribereño/de ribera (castelán), morcego-de-água ou morcego-de-Daubenton (portugués),
ratpenat clar d’aigua (catalán), murin/vespertilion de Daubenton (francés), vespertilio
di Daubenton/d’acqua (italiano), Daubenton’s bat (inglés) e wasserfledermaus
(alemán).
Morcego rateiro patudo
(Myotis capaccinii). Especie rara da beiramar mediterránea, presente dende
España e o Magrebe até os Balcáns, Turquía e o sur de Palestina, habitando
tamén o sur do Mar Negro e mais do Caspio, e a bacía mesopotámica. Recibe os nomes
de: murciélago ratonero patudo ou (antano:) murciélago patudo (castelán),ratpenat
de peus grossos/grans (catalán), murin/vespertilion de Capaccini (francés),
vespertilio di Capaccini (italiano), long-fingered bat (inglés) e
langfußfledermaus ou großfußfledermaus (alemán).
Morcego dourado (Myotis
aurascens). Especie que ás veces se inclúe en Myotis mystacinus e que está presente no norte de Italia e Croacia,
os Balcáns, terras ao redor do Mar Negro e do Caspio, Asia central e Mongolia
até Manchuria e Corea. Denominada como: murin doré (francés), vespertilio
dorato (italiano) e steppe whiskered bat (inglés).
Morcego das lagoas (Myotis
dasycneme). Especie moi semellante ao morcego de río pero meirande e de
distribución eurasiática setentrional, dende o norte de Franza e de Alemaña no
centro e mais o sur de Suecia no norte e Hungría e Romanía no sur até o río
Ienisei en Siberia, pasando polo centro de Rusia. Denominado como: murciélago
lagunero (castelán), ratpenat fosc d’aigua (catalán), murin/vespertilion des
marais (francés), vespertilio dasicneme (italiano), pond bat (inglés) e
teichfledermaus (alemán).
Morcego magrebino (Myotis
punicus). Considerado antano subespecie primeiro de Myotis blythii e logo de Myotis
myotis, habita o norte do Magrebe e as illas europeas de Córsega, Sardeña e
Malta. Recibe os nomes de: murciélago ratonero moruno (castelán), murin du
Maghreb (francés), vespertilio maghrebino (italiano) e Felten’s bat (inglés).
Morcego de Brandt (Myotis
brandtii). Especie eurasiática que ocupa dende o sur de Gran Bretaña, o leste
de Franza e de Escandinavia e o NE de Italia, pasando polo norte dos Balcáns,
até o centro de Siberia, con populacións illadas no leste de Siberia e norte do
Xapón. Nomes nas demais linguas: murciélago de Brandt (castelán), ratpenat de
Brandt (catalán), murin/vespertilion de Brandt (francés), vespertilio di Brandt
(italiano), Brandt’s bat (inglés) e große bartfledermaus ou Brandt-fledermaus
(alemán).
Morcego común (Pipistrellus
pipistrellus) na GMG e en Hermida ou morcego unteiro na SGHN. Especie
eurasiática presente en case toda Europa, limitando ao norte co sur de
Escandinavia e centro de Rusia, ao sur co norte do Magrebe e en Asia chegando até
o leste de China, pasando por Anatolia, o Cáucaso, Irán e Asia central; mora en
toda Galiza. Recibe os nomes de: murciélago enano/común (castelán),
morcego-anão (portugués), esperteyín (asturiano), rata-pinyada pipistrella ou
pipistrel.la (catalán), pipistrelle commune (francés), pipistrello nano
(italiano), common pipistrelle (inglés) e zwergfledermaus (alemán).
Morcego pigmeu (Pipistrellus
pygmaeus) ou morcego de Cabrera en Hermida. Especie anteriormente considerada
subespecie de P. pipistrellus, pasando
a ser o morcego máis pequeno de Europa e que habita irregularmente nas Illas Británicas,
sur de Escandinavia, centro do continente, Polonia e Países Bálticos, illas de
Córsega e Sardeña e zona central e meridional de Iberia principalmente; mais en
Galiza está rexistrado en zonas do centro e norte de Lugo e do sur de Ourense. Denominado
como: murciélago de Cabrera (castelán), morcego-pigmeu (portugués), ratpenat
soprano ou pipistrel.la nana (catalán), pipistrelle soprane/pygmée (francés),
pipistrello pigmeo/soprano (italiano), soprano pipistrelle (inglés) e
mückenfledermaus (alemán).
Morcego de Nathusius
(Pipistrellus nathusii). Distribuído dispersamente por Europa occidental,
incluído o extremo norte de España, pero faltando no oeste de Irlanda e norte
de Escocia; e máis compactamente na Europa oriental, até o sur de Suecia e o
golfo de Finlandia polo norte e até os Urais, o Cáucaso e Anatolia polo leste. Denominado
como: murciélago enano de bosque ou murciélago de Nathusius (castelán),
morcego-de-Nathusius (portugués), ratpenat fals ou rata-pinyada pipistrella
(catalán), pipistrelle de Nathusius (francés), pipistrello di Nathusius
(italiano), Nathusius’ pipistrelle (inglés) e rauhautfledermaus (alemán).
Morcego de beira clara
(Pipistrellus kuhlii) ou morcego de beira branca segundo o SEG. Especie
circunmediterránea, que en España evita o NW, que chega até o centro en Europa
e en Asia até a Península Arábiga, Irán e Paquitán e en África habita a costa setentrional.
Recibe os nomes de: murciélago de borde claro (castelán), morcego-de-Kuhl
(portugués), ratpenat/rata-pinyada de vores clares (catalán), pipistrelle de
Kuhl (francés), pipistrello albolimbato (italiano), Kuhl’s pipistrelle (inglés)
e weissrandfledermaus (alemán).
Morcego da Madeira (Pipistrellus
maderensis). Especie moi semellante a Pipistrellus
kuhlii, que soamente habita o arquipélago da Madeira e as illas occidentais
das Canarias. Recibe os nomes de: murciélago de Madeira (castelán),
morcego-da-Madeira (portugués), ratpenat canari (catalán), pipistrello di
Madeira (italiano), Madeira pipistrelle (inglés) e Madeira-fledermaus (alemán).
Morcego montañeiro (Hypsugo
savii) en Hermida ou morcego do monte na GMG. Habita dende Canarias e Cabo
verde, pasando pola cunca mediterránea, Anatolia, Cáucaso, até Irán e SW de
Asia central; en España abonda máis na franxa mediterránea e as cordilleiras
interiores, e en Galiza está presente nas montañas do leste de Lugo e Ourense. Noutras
linguas recibe os nomes de: murciélago montañero/de montaña (castelán),
morcego-de-Savi (portugués), ratpenat muntanyenc ou rata-pinyada pipistrella
muntanyenca (catalán), vespère/pipistrelle de Savi (francés), pipistrello di
Savi (italiano), Savi’s pipistrelle (inglés) e Alpenfledermaus (alemán).
(Morcego) nóctulo pequeno
(Nyctalus leisleri). Especie europea que chega polo norte até Escocia
meridional e Escandinavia, polo leste até os montes Urais e o norte de Armenia
e Acerbaixán, e polo sur até o SE de Iberia, a zona oeste de Italia e o sur de
Grecia, mais tamén habita a beiramar setentrional do Magrebe e o sur do
Himalaia; presente en Galiza toda catar a provincia da Coruña. Denominado como:
nóctulo menor/pequeño (castelán), morcego-arborícola-pequeno ou
morcego-de-Leisler (portugués), ratpenat nòctul petit (catalán), noctule de
Leisler (francés), nottola minore/di Leisler (italiano), lesser noctule/Leisler’s
bat (inglés) e kleine abendsegler (alemán).
(Morcego) nóctulo mediano
(Nyctalus noctula) en Hermida ou morcego rubio na GMG. Especie espallada pola
maior parte de Europa, fóra de Irlanda, o norte de Gran Bretaña e de
Escandinavia, e o sur de Italia, que polo leste chega até o centro de Rusia, o
Cáucaso, Irán setentrional e zonas de Asia central, o Himalaia e norte de
Indochina; en España é moi rara e de distribución irregular que se dá sobre
todo na metade setentrional, e en Galiza está citada no norte da Coruña. Recibe
os nomes de: nóctulo mediano/común (castelán), morcego-arborícola-grande ou
morcego-ruivo (portugués), esperteyu roxu (asturiano), ratpenat nòctul gros (catalán),
noctule commune (francés), nottola comune (italiano), common noctule (inglés) e
große abendsegler (alemán).
(Morcego) nóctulo grande
(Nyctalus lasiopterus). É o morcego meirande de Europa, podendo depredar sobre
pequenos paxaros, e ten unha distribución eurasiática dispersa dende zonas de Iberia
e de Italia, o sur de Franza, zonas dos Balcáns e do leste de Europa, até os
Urais e mais o norte do Cáucaso; presente en Galiza só nalgunhas montañas de
Lugo e Ourense. Noutros idiomas é chamado: nóctulo grande/mayor/gigante
(castelán), morcego-arborícola-gigante (portugués), ratpenat nòctul gran/gegant
(catalán), grande noctule (francés), nottola gigante/maggiore (italiano),
greater noctule bat (inglés) e riesenabendsegler (alemán).
(Morcego) nóctulo das Azores (Nyctalus
azoreum). Antiga subespecie de Nyctalus
leisleri, hoxe considerada especie propia e endémica das Illas Azores, onde
constitúe o seu único mamífero endémico. Denominado de xeito igual en todas as
linguas: nóctulo de las Azores (castelán), morcego-dos-Açores (portugués),
nòctul de les Açores (catalán), noctule des Açores (francés), nottola delle
Azzorre (italiano), Azores noctule (inglés) e Azoren-abendsegler (alemán).
Morcego das hortas (Eptesicus
serotinus) na GMG e en Hermida ou morcego de espertello na SGHN, 1980 –seica
non sabían que “espertello” é sinónimo de “morcego”, aínda que moito menos
estendido–. Especie paleártica dende o sur de Inglaterra e de Escandinavia e NW
de África até Corea e o SE asiático; presente en Galiza de forma irregular no
Golfo Ártabro, as Rías Baixas, a bacía meridional do Miño e as montañs dos
Ancares e proximidades. Ten as denominacións de: murciélago hortelano/de huerta
(castelán), morcego-hortelão-escuro (portugués), esperteyu d’horru (asturiano),
ratpenat (bru) dels graners (catalán), sérotine commune (francés), serotina
comuna (occitano), seròtino comune (italiano), serotine (bat) (inglés) e
breitflügelfledermaus ou spätfliegende fledermaus (alemán).
Morcego das hortas meridional
(Eptesicus isabellinus). Antano considerado subespecie de Eptesicus serotinus, habita a parte meridional da Península Ibérica
e o norte do Magrebe. Recibe os nomes de: murciélago hortelano meridional/mediterráneo
(castelán), morcego-hortelão-claro (portugués).
Morcego de Botta (Eptesicus
bottae). Especie asiática, do sur de Anatolia, Oriente Próximo e centro de Asia
e tamén do norte de Exipto, presente soamente na illa de Rodas dentro de
Europa. Recibe as denominacións de: sérotine de Botta (francés), seròtino di
Turchia (italiano), Botta’s serotine (inglés) e Bottas fledermaus (alemán).
Morcego de Nilsson (Eptesicus
nilssonii). Especie setentrional que habita dende Franza oriental, Alpes
italianos, norte de Hungría e de Ucraína polo sur e toda Escandinavia polo
norte até o centro de Siberia, cunha illa na beiramar de Siberia oriental e
norte do Xapón. Denominado como: murciélago (hortelano) norteño (castelán),
ratpenat nòrdic (catalán), sérotine de Nilsson/boréale (francés), seròtino di
Nilsson (italiano), northern bat (inglés) e Nordfledermaus (alemán).
Morcego das fragas
(Barbastella barbastellus) na GMG e en Hermida. Único representante do seu
xénero en Europa, habita a maior parte dela agás a metade meridional de Iberia,
a maioría das illas mediterráneas e o sur balcánico, a maior parte de Gran Bretaña
e Escandinavia e limita ao leste con Bielorrusia e o occidente de Ucraína; presente
en toda Galiza catar a zona máis occidental da Coruña. Recibe os nomes de:
murciélago de bosque/barbastela (castelán), morcego-negro (portugués), esperteyu
montesín (asturiano), ratpenat de bosc (catalán), barbastelle d’Europe/commune (francés),
barbastello comune (italiano), (western) barbastelle (inglés) e mopsfledermaus
(alemán).
(Morcego) orelludo dourado
(Plecotus auritus) en Hermida ou morcego orelludo común na GMG e morcego orelludo setentrional na SGHN. Especie
europea limitando ao norte con Escandinavia central e o sur de Finlandia, ao
leste co centro de Rusia e o norte do Cáucaso e ao sur faltando en Iberia
meridional e mais o sur de Italia e de Grecia; presente en toda Galiza. Recibe
os nomes de: (murciélago) orejudo dorado/común (castelán),
morcego-orelhudo-castanho/setentrional (portugués), ratpenat orellut septentrional
(catalán), oreillard roux/commun (francés), orecchione bruno/comune (italiano),
brown long-eared bat (inglés) e braune langohr (alemán).
(Morcego) orelludo gris
(Plecotus austriacus) en Hermida ou morcego orelludo meridional na GMG. Habita o centro e sur de Europa, limitando ao
norte con Alemaña setentrional e norte de Polonia, ao leste co occidente de
Ucraína e ao sur co sur de Italia e dos Balcáns; en Galiza falta na zona máis
occidental da Coruña. Denominado como: (murciélago) orejudo gris/austríaco
(castelán), morcego-orelhudo-cinzento/meridional (portugués), esperteyu oreyón
(asturiano), ratpenat gris/orellut meridional (catalán), oreillard gris
(francés), orecchione grigio/meridionale (italiano), grey long-eared bat
(inglés) e graue langohr (alemán).
(Morcego) orelludo alpino
(Plecotus macrobullaris). Distribuído por algúns sistemas montañosos como os
Alpes, os Pireneos, os Alpes dináricos e montañas de Grecia e Creta, o centro
de Anatolia, o Cáucaso e os Montes Zagros. Ten como nomes: (murciélago) orejudo
alpino (castelán), morcego-orelhudo-alpino (portugués), ratpenat orellut alpí (catalán),
oreillard des Alpes/montagnard (francés), orecchione alpino (italiano),
alpine/mountain long-eared bat (inglés) e Alpen-langohr (alemán).
(Morcego) orelludo balcánico (Plecotus
kolombatovici). Endemismo mediterráneo cunha populación fragmentada en tres
zonas: rexión meridional dos Balcáns mais Turquía e Oriente Próximo, NW de
Libia xunto coas illas de Malta e Pantelleria (Italia), e NW de Marrocos.
Recibe os nomes de: orecchione dei Balcani (italiano),
Kolombatovic’s/mediteranean long-eared bat (inglés) e Balkan-langohr (alemán).
(Morcego) orelludo sardo (Plecotus
sardus). Endemismo da illa de Sardeña, descuberto a comezos de século. Recibe
os nomes de: murciélago orejudo sardo (castelán), oreillard sarde (francés),
orecchione sardo (italiano), origrone sardu (sardo), sardinian long-eared bat
(inglés) e sardische langohr (alemán).
(Morcego) orelludo canario (Plecotus
teneriffae). Endemismo canario das illas de Tenerife, La Palma, El hierro e
quizais La Gomera, que incluímos por ser unha especie española. Denominado como:
murciélago orejudo canario (castelán), ratpenat orellut canari (catalán),
orecchione di Tenerife (italiano), Canary big-eared bat (inglés) e
Kanaren-langohr (alemán).
Morcego das covas
(Miniopterus schreibersii) na GMG e en Hermida. Propio da cunca mediterránea en
Europa, Turquía e ao redor do Cáucaso e en Asia chega até o Xapón, tamén habita
no norte do Magrebe e nalgunhas zonas de África ecuatorial; en España falta no
extremo NW, polo que en Galiza habita só na zona oriental e meridional. Noutras
linguas é chamado: murciélago de cueva/troglodita (castelán),
morcego-de-peluche/-de-Schreibers (portugués), esperteyu de Schreibers
(asturiano), ratpenat de Schreibers (catalán), minioptère de Schreibers
(francés), miniottero comune/di Schreibers (italiano), common bent-wing bat ou Schreibers’
(long-fingered) bat (inglés) e langflügelfledermaus (alemán).
Morcego bicolor (Vespertilio
murinus). Especie eurasiática dende o leste de Franza, Escandinavia meridional e
norte de Italia até Manchuria e Siberia oriental polo leste e norte de Irán
polo sur. Recibe os nomes de: murciélago bicolor (castelán), ratpenat/vespertilió
bicolor (catalán), sérotine bicolore (francés), seròtino bicolore (italiano),
parti-coloured bat ou rearmouse (inglés) e zweifarbfledermaus (alemán).
No hay comentarios:
Publicar un comentario