ROEDORES E LAGOMORFOS
Antano
considerados dentro dunha mesma orde: a dos Roedores, hoxe os Lagomorfos
constitúen unha orde propia. Con todo, aquí trataremos ambas as ordes.
ROEDORES
Son a
orde de mamíferos con maior número de especies, e mesmo de individuos. Só catro
familias teñen representantes en Galiza e algunhas máis no resto de Europa.
Esciúridos:
Esta familia compóñena os esquíos, tanto arborícolas coma
terrestres, e as marmotas. Mais en Galiza soamente temos un esciúrido: o esquío común (Sciurus vulgaris), que ten unha gran
distribución eurasiática, dende Irlanda e a Península Ibérica até Corea e o
norte do Xapón. A SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) denominouno esquivo, forma propia do leste de Lugo,
na súa lista patrón de 1980; mentres que a GMG (Guía dos Mamíferos de Galicia,
2007) corrixe a forma por “esquío”, que é a estándar escolleita polo dRAG. Mais
á parte destas dúas formas hai algunhas máis en galego: esquilo (que coincide coa forma estándar portuguesa), esguiro/esguiriño, esquiriño, e mesmo arda e
ardela –tomadas dalgúns dicionarios
antigos– que enlazan co nome castelán: ardilla.
Este crese que provén dunha palabra prerromana, quizais relacionada co bérber “agarda” (rato campestre), que se
rexistra durante a Idade Media: “(h)arda”,
á que se engade o diminutivo “–illa” no s. XVI: “ardilla”, forma finalmente triunfante, aínda que a forma antiga
pervive como dialectal. Pola contra, as formas maioritarias galegas proceden
directamente do latín: lat. clas. sciurus>
lat. vulg. scurius> dim. scuriolus> gal. esquilo>esquío. Tamén
a maioría dos nomes romances descenden do latín: esquilo-vermelho (portugués), esguil(u)
(asturiano), esquiruel(l)o
(aragonés), esquirol comú/vermell (catalán),
esquiròl ros (occitano; var: esquiròu, eschiròl, eschiróu), écureuil d’Eurasie/roux (francés), scoiattolo comune (italiano; < dim.
lat. scuriatulus), schërieul comun (piemontés), schirato/sghirato (véneto), sghirate (friuliano) e mesmo red squirrel (inglés; <
anglonormando. esquirel< fra. ant.
escurel) pero ferret (escocés); mais: ardilla
roja/común (castelán), vinvèra
(lígur), veverita roscata (romanés) eververa (arumano). A denominación de esquío vermello, tamén moi usada,
parece pouco acertada dado que a coloración deste roedor vai do roxo ao pardo
escuro, sendo esta última cor a que máis predomina na nosa terra.
Porén amais do único que mora en Galiza, hai outros esciúridos
vivindo no resto de Europa:
O esquío voador siberiano
(Pteromys volans), roedor que, malia o seu nome, plana, e non voa, de árbore a
árbore e que habita dende Finlandia, Letonia e o norte de Rusia até Corea e o norte
do Xapón. O súa denominación é internacional: ardilla voladora siberiana (castelán), esquirol volador siberià (catalán), polatouche de Siberie ou écureuil
volant (francés), scoiattolo volante
siberiano (italiano) esiberian flying
squirrel (inglés).
Os dous descoñecidos –para nós– esciúridos de terra, dado
que fan os seus tobos e procuran o alimento sempre no chan, do noso continente:
o esquío terrestre europeu (Spermophilus
citellus), morador do leste de Europa: dende Austria e Chequia até o oeste de
Ucraína e os Balcáns orientais; e denominado noutros idiomas como: suslik europeo (castelán), suslic europeu (catalán), esquilo-terrestre (portugués), spermophile/souslik d’Europe (francés), citello ou scoiattolo di terra europeo (italiano) e european ground squirrel ou european
souslik (inglés). E o esquío terrestre pinto
(Spermophilus suslicus), que se atopa máis ao leste ca o anterior: dende
Polonia, Ucraína e Moldavia até o ruso río Volga; e que se chama nas demais
linguas: suslik moteado/manchado ou ardilla terrestre/de tierra manchada/moteada(castelán),
suslic tacat europeu (catalán), spermophile/souslik tacheté ou écureuil terrestre (francés) e speckled ground squirrel ou spotted souslik (inglés). Aínda que
adoptar o empréstimo eslavo: “suslik/souslik”, como fan moitos idiomas, sería
unha solución lexítima, coido que optar por unha denominación descritiva –tamén
moi utilizada– é moito máis lóxico na nosa lingua, pois amosa nidiamente que
tipo de animal é.
As dúas especies de marmotas que habitan en Europa: a marmota alpina (Marmota marmota), que sobreviviu á
extinción nos Alpes e montes Tatra e hoxe ademais habita, introducida, outras
moitas cadeas montañosas como os Pireneos, os Cárpatos, os Apeninos
setentrionais ou o Macizo Central francés. A súa denominación é xeral en todas
as linguas: marmota alpina (castelán,
catalán e romanés), marmotte des Alpes
(francés), marmotta alpina/delle Alpi
(italiano), alpine marmot (inglés), alpenmarmot (neerlandés) ou alpenmurmeltier (alemán). E a marmota bobac (Marmota bobak), que mora na estepa
dende o leste de Ucraína até a maior parte de Cazaquistán. “Bobak/bobaik” é a súa denominación
eslava e a que dá nome á especie, por iso é a máis usada en todos os idiomas: marmota bobak/bobac/de las estepas
(castelán), marmota bobac (catalán), marmotte bobak/des steppes (francés), bobak (italiano), bobac ou marmota de stepa
(romanés), bobak marmot (inglés) e steppenmurmeltier (alemán). Na wikipedia
galega aparece como “marmota bobak” ou “marmota das estepas” –seguindo o
exemplo do castelán–, mais coido que é máis correcto usar o seu nome de especie
adaptándoo á nosa ortografía, coma se fai con outras moitas especies.
E algúns que se introduciron en Europa, como o esquío gris (Sciurus carolinensis). Especie que
desprazou o esquío autóctone de gran parte de Inglaterra e que tamén se introduciu
en Irlanda e zonas do norte de Italia. As súas denominacións fan referencia
maioritariamente á súa cor cincenta, característica nidiamente diferente da cor
entre roxa e parda escura do “esquío común”: ardilla de las Carolinas/gris oriental (castelán), esquilo-cinzento (portugués), esquirol gris (catalán), scoiattolo grigio (nord-americano)
(italiano), écureuil gris (francés), eastern grey squirrel (inglés) e gray ferret (escocés).
E o esquío terrestre de Siberia
(Eutamias sibiricus), sciúrido propio do norte de Asia, dende o centro de Rusia
até Corea e o norte do Xapón, coloniza parques urbanos e bosques suburbanos de
moitos países europeus: Franza, Suíza, Italia, alemaña, Austria, Países Baixos
ou Bélxica, como consecuencia de soltas destes animais importados como
mascotas. Nun inicio este esquío estaba incluído no xénero tamias, mais logo fíxose un xénero diferente para esta única
especie. Todas as súas denominacións fan referencia á súa orixe asiática: ardilla de Siberia/coreana (castelán), esquilo-da-Sibéria ou esquilo-siberiano (portugués), squirol llistat de Sibèria (catalán), tamia de Siberie ou écureuil de Corée (francés), scoiattolo
giaponesse ou tamia siberiana
(italiano) e siberian/common chipmunk (inglés).
Glíridos:
O dRAG recolle dúas formas para denominar estes roedores en
galego: leirón e lirio, ambas en igualdade de
preferencia; aínda que hai algunhas máis: liria,
lirón, leiranco, liranco ou lirango. E mesmo formas compostas con
“rato” como: rato leirón e rato monteiro/montés –esta última tamén
se emprega para denominar, máis correctamente, o “rato de campo”– claramente rexeitábeis polo lóxico motivo de
non seren múridos. Porén as guías de mamíferos prefiren a primeira forma,
quizais por case coincidir coa portuguesa: leirão
(< lat. glirionis: aumentativo de glis), que ten como sinónimo a forma: arganaz, de orixe descoñecida. No noso
país moran dúas especies:
O leirón careto (Eliomys
quercinus). Aínda que o dRAG define o adxectivo “careto”: “coa cara branca e o
resto da cabeza escuro”, xusto o contrario desta especie; por extensión pódese
referir a calquera animal “que pareza que leva unha careta”, como é o caso.
Este glírido distribúese por Europa occidental, agás as Illas Británicas e a
Península Escandinava, e zonas dispersas de Europa oriental e Rusia; e os nomes
que recibe son: lirón careto/común
(castelán), ratu durmidor/caretu
(asturiano), mincharra roya, rata careta/faixada/dormidera
(aragonés), rata cellarda (catalán), leirão(-dos-pomares) ou rato-dos-pomares/da-serra (portugués), (topo) quercino (italiano), topu mascaratu (corso), lérot (commun) ou loir lérot/des greniers ou rat-bayard
(francés), lûte des toets (valón) e garden dormouse (inglés).
E o leirón rilón
(Glis glis), forma proposta pola SGHN e confirmada pola GMG, que ten o defecto
de ser unha redundancia, dado que rilón
(forma usada no Courel) é unha metátese de lirón.
A miña proposta é seguir a denominación máis usual das demais linguas: lirón gris (castelán), llirón gris ou ratu ablaneru (asturiano), mincharra
blanca (aragonés), liró gris ou rata dormidora grisa (catalán), arganaz/lirão-cinzento (portugués), ghiro (italiano), ghjira (corso), loir gris
(francés), sodoirmant ordinaire
(valón), pârs (romanés) e edible/fat dormouse (inglés); é dicir: leirón gris/cincento, pois a súa cor é a diferenza
máis rechamante fronte aos demais lirios europeus. Tamén aparece citada esta
especie como leirón rabudo, aínda
que o seu rabo non pareza máis longo ca o do “leirón careto”, e rato papalbo (Atlas de Vertebrados de
Galicia, SGHN, 1995), nome popular pouco recomendábel por razóns obvias. Este glírido vive en Europa
continental, bardante o norte, desde o norte ibérico até o norte de Irán, e foi
introducido no centro de Inglaterra.
Ademais destes dous lirios hai tres glíridos máis en Europa:
O leirón castaño (Muscardinus
avellanarius). Especie europea, o máis pequeno dos lirios, que falta na Península Ibérica, nas illas do
Mediterráneo agás Sicilia, no norte de Gran Bretaña, e na maior parte de
Escandinavia e no norte europeu alén de Letonia. As súas denominacións noutras
linguas son: lirón enano ou muscardino común (castelán), rata dormidora rogenca (catalán), arganaz-castanho (portugués), muscardin (francés), moscardino e nocciolino (italiano), hazel/common
dormouse (inglés), sorg mëscatiegl
(napolitano) e ecrake-noejhe (valón).
A súa cor entre castaña e roxa é o su trazo máis rechamante face aos demais
leiróns.
O leirón rabipelado (Myomus
roachi). Endemismo do SE de Bulgaria e Turquía europea, denominado: lirón colipelado (castelán), rata dormidora de cua pelada (catalán), loir myomine (francés), mouse tailed dormouse (inglés) emausschläfer (alemán, “leirón rato”).
Sen dúbida ningunha é o rabo pelado, coma o dos múridos, a característica
principal desta especie máis terrestre ca arbórea.
E o leirón balcánico (Dryomys
nitedula). Denominado como: muscardino
balcánico (castelán), rata dormidora
dels Balcans (catalán), arganaz-balcânico
(portugués), lérotin (francés),driomio (italiano) eforest dormouse (inglés); é unha especie propia do leste de Europa,
dende Austria e NE de Italia, o sur de Polonia e Grecia cara aos bosques de
Ucraína e Rusia. Semella unha copia reducida do leirón careto, con orellas máis
curtas e rabo máis peludo, por isto o francés chámalle: “leironciño careto”.
Múridos:
Esta familia está composta soamente polos verdadeiros ratos
e ratas. Os pequenos múridos reciben varios nomes populares: rato –con diferenza o máis usado–, fura e furelo para os caseiros (xénero Mus); e rato do campo/montés e furaño
(este último tamén usado para a “musaraña”) para os campestres (xénero
Apodemus). En Galiza habitan as seguintes especies:
Rato caseiro (Mus musculus),
así denominado correctamente na GMG. Seica sexa o mamífero máis estendido do
planeta, bardante o home, e o que teña meirande número de individuos; en Europa
pode ocupar calquera espazo habitado polo home, ou preto del. Denominacións
noutros idiomas: ratón
casero/doméstico/común (castelán), mure
caseru/domésticu/común (asturiano), rato-caseiro/-doméstico
(portugués europeu) ou camundongo
(brasileiro), ratolí comú/domèstic/de
casa (catalán) ou rat furet
(rosellonés), mirga/murga d’ostal ou rata/ratuga ou fura/fureta ou soritz
(occitano), souris grise/domestique/commune
(francés), sori (valón), topo(lino) comune/domestico (italiano), tuparellu (corso), sòrighe ou topi (sardo), murigiö de cà ou rat ou sorèc (lombardo), giari/giare (piemontés), sórag dumèstic (romañol), sorz (véneto), surice (napolitano), soarece
de casa (romanés), soaricu di casâ
(aromano) e house mouse (inglés).
Rato mouro (Mus spretus) na GMG, nunha má adaptación do seu
nome castelán, dado que a primeira acepción do adxectivo “mouro” é “escuro” e
este rato ten unha cor tirando a castaña roxiza, polo que sería mellor copiar o
segundo nome portugués –que xa aparecía no Atlas de Vertebrados de Galicia (SGHN,
1995): “ratiño roibo”– e chamarlle: rato roibo/rubio.
É un endemismo do Magrebe, a Península Ibérica e a costa mediterránea francesa,
que en Galiza só mora en Ourense e o sur de Lugo. Denominacións noutras linguas:
ratón moruno (castelán), rato-das-hortas ou ratinho-ruivo (portugués), souris
d’Afrique du Nord/à queue courte (francés), topo del Mediterraneo occidentale (italiano) e algerian/western mediterranean mouse (inglés).
Rato do campo (Apodemus
sylvaticus) na GMG. Vive na maior parte de Europa, até Lituania, Bielorrusia e
Ucraína polo leste e o sur de Escandinavia polo norte, tamén mora na costa
setentrional do Magrebe. Ás veces denominado tamén como: rato montés, recibe noutras linguas as denominacións de: ratón de campo (castelán), mure de campu ou ratu montesín (asturiano), rato-dos-bosques
ou ratinho-do-campo (portugués), ratolí de bosc/rostoll (catalán) ou rat campestre (en rosellonés), mulot sylvestre/ordinaire/gris ou souris de terre/sylvestre/des bois ou rat-mulot ou rat sauteur (francés), topo
selvatico (italiano), topu campagnolu
(corso) e wood/field mouse (inglés).
Rato da fraga (Apodemus flavicollis) na GMG. Especie europea
fóra das zonas meridionais da Península Ibérica e illas do Mediterráneo e o
extremo setentrional do continente, que tamén habita a beiramar da Asia
mediterránea. Noutros idiomas recibe as denominacións de: ratón leonado (castelán), mure
leonáu (asturiano), ratolí de coll
groc (catalán), mulot à collier
(roux)/fauve (francés), topo
selvatico a/dal collo giallo (italiano) e yellow-necked mouse (inglés). O Atlas dos Vertebrados de Galicia
(SGHN, 1995) daba como segundo nome o de: “rato de
colar”, moito máis distintivo da especie e usado polas demais linguas,
pois na nosa terra é propio das fragas das montañas orientais e non simplemente
das fragas.
Á parte destas catro especies que moran en Galiza hai oito
máis no resto do continente:
Ratiño miúdo (Micromys minutus)para a SGHN, por ser o rato
máis pequeno de Europa, pero non recollido na GMG por non habitar Galiza. Especie
paleártica dende Inglaterra até Xapón, en España está presente dende o norte de
Navarra até o leste de Asturias. As denominacións noutras linguas recollen a
súa querenza polas gramíneas, onde adoita facer os seus niños: ratón espiguero (castelán), ratín (asturiano), ratolí de les collites (catalán), rat/souris des moissons (francés), topolino delle risaie (italiano) e harvest mouse (inglés). Se cadra o galego debería facer igual: rato das colleitas.
Rato listado (Apodemus
agrarius). Especie distribuída dende Europa oriental até o Pacífico asiático, e
aquí dende Corea a Taiwán; cuxa característica principal é a lista negra que
percorre o seu lombo dende a cabeza ao rabo, e que por isto recibe os nomes de:
ratón listado (castelán), ratolí de camp (catalán), mulot rayé ou souris rayée (francés),topo
selvatico a dorso striato (italiano) e striped
field mouse (inglés).
Rato rupestre (Apodemus
mystacinus). Especie dos Balcáns e Oriente Próximo, que habita nas zonas de
montaña rochosas con escasa vexetación herbácea; denominada: ratón balcánico (castelán), ratolí de camp de bigotis (catalán), mulot rupestre (francés), topo selvatico rupestre (italiano) e rock mouse ou broad-toothed field mouse (inglés).
Rato alpino (Apodemus alpicola).
Endemismo dos Alpes, denominado xustamente: ratón
alpino (castelán),topo selvatico
alpino (italiano) e alpine field
mouse (inglés).
Rato pigmeu (Apodemus uralensis
< antes: A. microps). Propio do centro e leste de Europa até o centro de
Asia, recibe os nomes de: ratón de campo
enano (castelán), ratolí de camp
petit (catalán), mulot pygmé
(francés) e pygmy/Ural field mouse
(inglés); por ser a especie máis pequena do seu xénero.
Rato espiñento de Creta
(Acomys minous). Endemismo desta illa, cuxo nome o define perfeitamente e que é
o mesmo en todas as linguas: ratón
espinoso de Creta (castelán), ratolí
espinós de Creta (catalán), rat
épineux de Crète (francés) e cretan
spiny mouse (inglés).
Rato estepario (Mus
spicilegus). Habitante das chairas e estepas dende Austria e Chequia até
Ucraína ao leste e a Península Balcánica ao sur, denominado: ratón estepario (castelán), souris des steppes (francés) e steppe mouse (inglés).
Rato macedónico (Mus
macedonicus). Endemismo de Macedonia e Bulgaria e algunhas zonas illadas do Oriente
Próximo, chamado: souris de Macédoine
(francés) e topo macedone (italiano).
E os múridos meirandes basicamente teñen dous nomes xerais: rata e lirio, conforme recolle o dRAG; sendo o segundo moito menos usual e
compartido con leiróns e lurias. Hai dúas especies en Galiza e no resto do
continente, e ambas viñeron de Asia en tempos históricos e acompañando o home:
primeiro Rattus rattus cara ao s.VIII
e despois Rattus norvegicus a partir
do s.XVI; e ambas as especies teñen hoxe unha distribución case mundial, fóra
da Antártida e o extremo ártico, mercé á expansión europea. As principais
diferenzas físicas entre as dúas parentes é a maior longura de orellas e rabo
–que sempre sobrepasa a lonxitude do resto do seu corpo– en Rattus rattus contra o maior tamaño e
corpulencia en Rattus norvegicus,
alén de que a cor desta vai do pardo ao gris e o daquela do negro ao gris
escuro. Mais tamén existe unha diferenza de hábitat dado que a primeira prefire
o meio rural e as partes altas das casas, polo que tamén recibe o nome de “rata de tellado”, e a segunda o meio
urbano e as partes máis inferiores e húmidas das casas e vilas, polo que tamén
se lle denomina “rata de sumidoiro”.
Aínda que a palabra “rata” é de orixe
descoñecida, ela e os seus derivados están moi estendidos: rat (francés e inglés), rata
(castelán, galego e catalán), ratte
(alemán), rato (portugués e galego), ratto (italiano), ratazana (portugués), ratolí
(catalán), ratón (castelán) ou arratoi (basco). Con todo, mentres que
as palabras “rata” e “ratón” se documentan en castelán dende o s.XIII, nin
“rata” nin “rato” aparecen en textos medievais
galegos pero si “mur”
(pl.mures), que tamén aparece en castelán para ir decaendo co paso do tempo até
o seu estado actual de desuso en castelán e de desaparición en galego, que non
obstante ten derivados seus ben vivos: murar, murador, muraño e mureira.
A SGHN denomina rata
do campo a Rattus rattus, e a
GMG: rata cincenta; mentres que na
Wikipedia galega é rata negra, que é o nome máis
usual na maioría das demais linguas: rata
negra/de barco/de tejado (castelán), ratazana-preta
ou rato-preto/-de-telhado (portugués),
rata negra/de camp/traginera
(catalán), aguarón negru/de
teyáu/común/de barcu (asturiano), rat
noir/des greniers/des champs (francés), ratto
nero/dei tetti/comune (italiano), black/ship/roof/house
rat (inglés) e hausratte ou dachratte (alemán). Calquera das tres é
aceptábel (rata negra/do campo/de tellado), mais a de “rata cincenta” é confusa
pois tan gris pode ser a “rata de tellado” coma a “rata de sumidoiro”. Esta
especie é menos abundante no norte de Europa ca no sur e en contacto con Rattus norvegicus sempre é desprazada
por esta última.
Rata común é o
nome dado pola SGHN e asumido pola GMG para Rattus
norvegicus por ser a especie máis habitual no mundo urbano –practicamente
habita calquera poboación humana–, porén no mundo rural é máis común a especie
anterior ca esta, polo que sería mellor unha denominación máis característica
da especie, como a de rata parda, recollida por
case todas as linguas xunto a outras: rata
parda/gris/de alcantarilla (castelán), ratazana-castanha/-de-água
ou rato-marrom/-castanho (portugués),
rata comuna/de claveguera (catalán), aguarón gris/pardu/d’alcantariella
(asturiano), rat brun/d’égout/gris ou
surmulot (francés), ratto norvegese/marrone/grigio/delle
chiaviche ou surmolotto ou pantegana (italiano), brown/common/street/sewer rat (inglés) e
wanderratte (alemán).
Arvicólidos:
É a familia duns pequenos roedores, moitas veces incorrectamente
denominados “ratos” ou “ratas” polo seu parecido con estes. As especies máis pequenas
(xéneros Microtus, Myodes e Chionomys) reciben denominacións populares como: corta (recollido no dRAG e dXerais,
entre outros, e usado na provincia da Coruña principalmente), ratiño pataqueiro (en Caaveiro, norte
da Coruña), rato cego (forma usada tamén
en portugués) e trilladeira (no
Courel, derivado do v. trillar = rillar, e termo non recollido nos dicionarios).
Descartadas as formas con “rato”, dado que estes roedores, malia o seu
parecido, non son ”verdadeiros ratos”, soamente restan as outras dúas –que son
as usadas até agora nas listas patrón feitas–, mais que presentan cadanseu
defecto: “trilladeira”, a súa reducida área de uso; e “corta”, que tamén se utiliza
para denominar outros animais: traza, caruncho ou couza; grilo ceboleiro,
cortón ou ralo; e muraño ou musaraña. Con todo, dou preferencia a “corta” por ser a única que recollen os dicionarios,
mais ambas as palabras son sinónimas e así se deben usar. Fronte ao portugués
que usa tamén “rato” para estas especies, coma o alemán (“maus”) ou o basco (“lursagu”
= rato terrestre), o castelán prefire derivados como: “topillo”e “ratilla”,
aínda que este segundo menos usado,–curiosamente non recollidos polo dicionario
da RAE, que só inclúe o galicismo “campañol” de nulo uso na lingua– ao igual ca
o catalán “talpó” (< talp: “toupa”) –que tamén coñece os nomes de: “rata de
séquia/de marjal” (=rata de rego/de marisma)– e o asturiano “topín” (< topu),
xurdidos polas toupeiras que tamén fan estes roedores; mentres que outras linguas
obtan por termos específicos: “vole” (inglés), “campagnol” (francés, <
italiano: campagnolo “campesiño”), “arvicola”
(italiano, que tamén usa ás veces formas derivadas: “topo talpino” e “topo
campagnolo”) e “corta” ou “trilladeira” (galego). Na nosa terra habitan seis
especies:
Corta dos prados
(Microtus agrestis) na SGHN ou trilladeira
dos prados na GMG, é unha especie propia da Europa máis húmida, dende Gran
Bretaña, o norte ibérico e Escandinavia até o centro de Siberia, evitando as
beiras do Mediterráneo e os Balcáns, sendo abondosa en toda Galiza. Dado que é
a abundancia de herba alta o seu hábitat característico sería mellor chamarlle:
corta dos pasteiros, para a non confundir co Microtus lusitanicus, nome que xa
aparecía como segunda opción: trilladeira
dos pastos, no Atlas de Vertebrados de Galicia (SGHN, 1995). Recibe as denominacións
noutros idiomas de: topillo/ratilla
agreste (castelán), topín montesín/montascosu
(asturiano), rato-do-campo-de-cauda-curtaou
ratinho-dos-pastos(portugués), talpó muntanyenc/agrest (catalán), campagnol agreste (francés), arvicola/campagnolo agreste (italiano), field/short-tailed vole (inglés) e erdmaus (alemán).
Corta do campo (Microtus
arvalis) para a SGHN e trilladeira pataqueira para a GMG.Especie escasa en
Galiza (S de Ourense) que se estende pola Europa menos mediterránea e menos
nórdica até o centro de Siberia e que mora na metade setentrional ibérica
evitando o occidente. É máis característica dos campos
cultivados e clareiros boscosos, como recollen as denominacións noutras linguas:
topillo campesino/de campo ou ratilla campesina(castelán), topín llabrador (asturiano), rato-do-campo-comum/-silvestre/-camponês
(portugués), talpó camperol/dels prats
(catalán), campagnol des champs/commun/vulgaire
(francés), topo campagnolo comune ou arvicola campestre (italiano), common vole (inglés) e feldmaus (alemán).
Trilladeira dos campos (Microtus lusitanicus) na SGHN e corta dos prados na GMG, para este endemismo ibérico
do cuadrante NW chegando polo leste até a Gascuña meriodional, o norte de
Navarra e o Sistema Central polo sur; moi abundante na nosa terra e que mora
preferentemente en prados non asolagados.Chamado noutras linguas: topillo lusitano (castelán), topín/ratupataterue ratín de prau(asturiano), rato-cego
ou rato-dos-prados-lusitânico
(portugués) e lusitanian pine vole
(inglés).
Trilladeira rabela (Microtus duodecimostatus < antes: Pitymys
d.) para a SGHN e trilladeira
mediterránea para a GMG. Suxiro corta mediterránea,
para esta especie endémica da Península Ibérica e o SE de Franza con escasa
presenza en Galiza (sur de Ourense), conforme ás denominacións maioritaria nas
demais linguas: topillo mediterráneo/común
(castelán), topín mediterráneu
(asturiano), rato-cego-mediterrânico
ou rato-dos-prados-mediterrânico
(portugués), talpó comú (catalán), campagnol provençal (francés), mediterranean pine vole (inglés) e mittelmeer-kleinwühlmaus (alemán).
Corta rubia (Myodes
glareolus), nome proposto pola SGHN e asumido pola GMG para esta especie
europea que se estende até o centro de Siberia, mais que non habita as beiras
do Mediterráneo nin a maior parte de Iberia, agás unha franxa setentrional que
chega en Galiza só aos bosques das serras orientais cantábricas.Ten denominacións
parecidas noutras linguas: topillo rojo
(castelán), topín roxu/colloráu
(asturiano), talpó roig (catalán), campagnol roussâtre/des bois/des grèves/des
sables/du Nord (francés), arvicola
rossastra/dei boschi (italiano) e bank
vole (inglés).
Corta nival (Chionomys
nivalis) para a SGHN ou trilladeira
nival na GMG.Especie propia dos sistemas montañosos de Europa meridional e
de Oriente Próximo, querecibe nomes parecidos nos demais idiomas:Topillo/ratilla nival (castelán), topín nivalou neverón (asturiano), rato-das-neves
(portugués), talpó de tartera/de les
neus (1º = corta de pedral, catalán), campagnol
des neiges (francés), arvicola delle
nevi (italiano), european snow vole
(inglés) e schneemaus (alemán).
Para as especies maiores (xénero Arvicola, con tres especies
actualmente onde outrora só se recoñecía unha: Arvicola terrestris) hai dous nomes utilizados nas listas patróns: luria (SGHN) e rata de auga (GMG). E ambas presentan cadanseu defecto: luria, claramente relacionada cos seus
sinónimos lirio e leirón; e rata de auga, que estigmatiza estes arvicólidos cun nome que
realmente non lles pertence: rata.
Tamén reciben outros nomes: rato de
auga/do muíño (malia que o seu tamaño é máis de “rata” ca de “rato”), rata aguadeira, rata de río, aguadana, aguaneira, aguana,aguanetae aguanón; aínda que as que teñen a raíz
“agua-“ teñen o defecto de que tamén se usan para nomear o insectívoro: Galemys pyrenaicus, sobre todo
“aguaneira”. Porén, o dRAG unicamente recolle tres opcións para Arvicola sapidus: lirio, leirón e luria, mais as dúas primeiras como
segunda acepción fronte á primeira de glírido e soamente a terceira como
denominación exclusiva desta especie.
A especie Arvicola
sapidus é un endemismo da Península Ibérica e o occidente de Franza. Chamada
luria grande na lista da SGHN e rata de auga comúnna GMG,ten como denominacións
noutras linguas: rata de agua
(castelán), ratu d’agua ou aguarón/ratu d’agua (asturiano), rata d’aigua ou rat-buf (catalán), rato-de-água
(portugués), rat d’eau ou campagnol amphibie (francés), arvicola acquatica
sud-occidentale/meridionale (italiano), ur-arratoi (= rata de auga, basco)
e southwestern/southern water vole
(inglés). A súa necesidade de vivir cabo das correntes de auga e a súa presenza
en toda Galiza fai que a denominación máis axeitada poida ser a de luria de auga/común.
E Arvicola scherman,
até hai pouco considerada subespecie de Arvicola
amphibius, é unha especie distribuída polas montañas ibéricas setentrionais
e do centro de Europa dende os Alpes occidentais até os Cárpatos orientais,
pero en Galiza só mora nas serras máis orientais de Lugo e Ourense. Denominada luria pequena pola SGHN e rata de auga setentrional na GMG,
recibe os nomes noutros idiomas de: rata
topera/de agua norteña (castelán), ratu
fozón/de prau/topineru ou aguarón
toperu (asturiano), rata talpera ou
talp de camp (catalán), rato-dos-lameiros (portugués), arvicola acquatica montana (italiano), rat taupier (francés) e montane water vole (inglés). Dado que o
seu hábitat está nos prados húmidos de montaña non sería má denominación a de luria de lameiro/montañesa, porque é unha especie
claramente montañesa.
Alén destas especies da nosa terra hai outros arvicólidos en
España e no resto de Europa. Entre os pequenos:
Corta de Cabrera (Microtus
cabrerae). Endemismo ibérico que mora en varias zonas discontinuas: o
Prepireneo aragonés, o Sistema Ibérico meridional, as Serras Béticas e o
Sistema Central. Ten o mesmo nome en todas as linguas: topillo/ratilla de Cabrera (castelán), rato-de-Cabrera (portugués), talpó
de Cabrera (catalán), campagnol de Cabrera (francés) e Cabrera’s vole (inglés).
Corta pirenaica (Microtus
gerbei< antes: M. pyrenaicus).Endemismo pirenaico que chega até o leste da
Cordilleira Cantábrica e boa parte da Aquitania francesa, denominado: topillo pirenaico (castelán), talpó pirinenc (catalán), campagnol souterrain des Pyrénées
(francés), Gerbe’s volee pyrenean
pine vole (inglés) e Pyrenäen-kleinwühkmaus(alemán).
Corta bávara (Microtus
bavaricus). Endemismo dos Alpes bávaros e tiroleses, denominado: topillo bávaro (castelán), campagnol souterrain de Bavarie
(francés), bavarian pine vole
(inglés) e bayerische kurzohrmaus
(alemán).
Corta nórdica (Microtus
oeconomus). Especie da tundra holártica que se estende por Asia, o NW de
Norteamérica e o norte de Europa, chegando no noso continente até o norte de
Alemaña; que recibe os nomes de: ratilla
nórdica (castelán), talpó nòrdic
(catalán), campagnol nordique
(francés), tundra/root vole (inglés)
e nordische wühlmaus (alemán).
Corta de Ondrias (Microtus levis
= M. epiroticus, M. rossiaemeridionalis). Especie do sur dos Balcáns e das
estepas orientais europeas, dende Romanía, pasando por Ucraína e Rusia, até
Finlandia e mesmo Noruega; chamada: ratilla
de Ondrias ou topillo griego
(castelán), campagnol d’Ondrias
(francés), east european/sibling vole
(inglés) e Ondrias-feldmaus ou südfeldmaus (alemán). Como se ve, toma o
seu nome maioritario do seu descubridor Ondrias en 1966.
Corta subterránea (Microtus
subterraneus), chamada trilladeira
soterrania pola SGHN, aínda que non é unha especie ibérica, pois esténdese
por toda Europa agás a Península Ibérica, as Illas Británicas e Escandinavia. Recibe
os nomes de: topillo europeo (castelán),
campagnol souterrain (francés), arvicola sotterranea ou topo talpino soterraneo (italiano), common pine vole (inglés) e kurzohrmaus (alemán). O seu nome
científico procede de ser unha especie de vida máis subterránea ca as súas
parentes.
Corta levantina (Microtus
guentheri). Especie propia dos Balcáns e Oriente Próximo, que recibe os nomes
de: ratilla mediterránea (castelán), talpó mediterrani clar (catalán), campagnol lévantin (francés), Günther’s/Levant vole (inglés) e Levante-wühlmaus (alemán).
Corta alpina (Microtus
multiplex). Especie dos Alpes que chega polo SE até Serbia e Montenegro,
denominada: topillo de Fatio
(castelán), talpó de Fatio (catalán),
campagnol des Alpes (francés), arvicola di Fatio (italiano), alpine pine vole (inglés) e Fatio-kleinwühlmaus (alemán).
Corta de Tatra (Microtus
tatricus). Endemismo dos montes Tatra, que lle dan o nome, e os Cárpatos entre
Ucraína e Romanía; denominado: topillo de
Tatra (castelán), campagnol
souterrain de Tatra (francés), Tatra
pine vole (inglés) e Tatra-kleinwühlmaus
(alemán).
Corta de Thomas (Microtus
thomasi). Especie propia do SE de Europa, dende Bosnia e Serbia até Grecia e
Macedonia, que recibe os nomes de: topillo
de Thomas (castelán), campagnol de
Thomas (francés), Thomas’ pine vole
(inglés) e Balkan-kurzohrmaus
(alemán).
Corta de Savi (Microtus
savii). Endemismo itálico que ocupa a Península Italiana e a bacía do Po até as
ladeiras dos Alpes suízos, denominado: topillo
oscuro (castelán), talpó mediterani
fosc (catalán), campagnol souterrain
de Savi (francés), arvicola di Savi
ou topo talpino del Savi (italiano), Savi’s pine vole (inglés) e Savi-kleinwühlmaus (alemán).
Corta de Felten (Microtus
felteni). Endemismo de Serbia, Albania, Macedonia e Grecia, denominado de xeito
similar como: topillo de Felten
(castelán), talpó de Felten
(catalán), campagnol de Felten
(francés), Felten’s pine vole
(inglés) e Felten-kleinwühlmaus
(alemán).
Corta de Liechtenstein
(Microtus liechtensteini). Endemismo dos Alpes orientais, que se espalla dende
o norte de Italia, pasando por Austria e Eslovenia, até Croacia; denominado de
maneira similar nas demais linguas: topillo
de Liechtenstein (castelán), Liechtenstein’s
pine vole (inglés) e Illyrische
kurzohrmaus ou Liechtenstein-kleinwühlmaus
(alemán).
Corta balcánica (Dinaromys
bogdanovi). Especie propia dos Alpes dináricos dende Croacia até o norte de
Grecia, denominada: topillo nival de los
Balcanes (castelán), talpó dels
Balcans (catalán), campagnol de
montagne (francés), Balkan/Martino’s
snow vole (inglés) e bergmaus
(alemán).
Corta gris de lombo roibo (Myodes
rufocanus < antes: Clethrionomys r.). O xénero Clethrionomys desaparece para que as súas especies se incorporen ao
xénero Myodes, denominadas en inglés:
“red-backed voles” ou “cortas de lombo roibo”. Esta especie
eurasiática esténdese dende Escandinavia até o norte do Xapón e o extremo
oriental de Siberia; e recibe os nomes de: topillo
chinchilla (castelán), talpó roig i
gris (catalán), campagnol gris-roux/de
Sundevall (francés), grey red-backed/grey-sided
vole (inglés) e graurötelmaus
(alemán). Coido que a denominación que lle dou en galego axústase perfeitamente
á principal característica da especie.
Corta ártica (Myodes rutilus
< antes: Clethrionomys r.). Esta especie holártica tamén mudou de xénero,
coma a anterior, e esténdese polo norte de Escandinavia e Siberia até Alasca e
o norte do Canadá. Todos os seus nomes son similares: topillo ártico (castelán), talpó
boreal (catalán), campagnol bóreal
(francés), northern red-backed/ruddy vole
(inglés) e Polarrötelmaus (alemán).
E entre os grandes:
A luria eurasiática (Arvicola
amphibius), a terceira especie deste xénero e habita dende Gran Bretaña até
Siberia oriental, deixando fóra a Península Ibérica e as illas mediterráneas. As
súas denominacións noutras linguas son –os nomes ibéricos coinciden cos de Arvicola scherman por seren consideradas
antano a mesma especie–: rata topera
(castelán), rata talpera (catalán), rato-dos-lameiros (portugués), rat taupier ou grand campagnol ou campagnol
terrestre/nageur (francés), arvicola
acquatica europea/terrestre ou ratto
d’acqua (italiano) e european/northern
water vole ou water rat (inglés)
e schermaus (alemán).
E a rata de almiscre (Ondatra
zibethicus) –denominación usada na Wikipedia galega–. Especie norteamericana introducida
na maior parte de Europa, que en España penetra no norte do País Basco e
Navarra. As súas denominacións nas demais linguas son moi semellantes: rata almizclera/almizclada (castelán), rato-almiscarado (portugués), rata mesquera ou ondatra (catalán), rat
musqué/d’Amérique (francés), topo
muschiatoou ondatra (italiano) e muskrat (inglés; < musquash (termo
indíxena) + rat). Malia os nomes populares é unha “gran luria” e non múrido
ningún.
E ademais os lemins, propios do norte eurasiático e
norteamericano, que en Europa teñen tres representantes: o lemin da tundra (Lemmus lemmus), endemismo propio da
Cordilleira Escandinava e mais o norte desta península, que recibe os nomes de:
lemming vulgar/de tundra (castelán), leming de cap negre (catalán), lemingue-da-Noruega (portugués), lemming des toundras/du nord/d’Europe/de
Norvège/commun (francés), lemming/lemmo
norvegese (italiano), Norway/norwegian
lemming (inglés), berglemming
(=lemin de montaña, alemán), lemen
(noruegués) e fjällämmel (=lemin de
montaña, sueco); o lemin siberiano (Lemmus
sibiricus), morador da Siberia máis ártica que penetra no extremo setentrional
da Rusia europea, co mesmo nome case en todas as linguas: lemming siberiano (castelán), lemingue-pardo-da-Sibéria
(portugués), lemming de Sibérie/brun
(francés), lemming/lemmo bruno siberiano
(italiano), siberian brown lemming
(inglés) e sibirischer lemming
(alemán); e o lemin da taiga (Myopus
schisticolor), habitante da taiga dende a Península Escandinava até o Pacífico
siberiano, denominado basicamente igual en todos os idiomas: lemming oscuro/de bosque (castelán), leming pisarrenc (catalán), lemingue-dos-bosques (portugués), lemming des bois/des forêts (francés), wood lemming (inglés), waldlemming (alemán), skoglämmel (sueco) e skoglemen (noruegués). Como se ve, a
maioría das linguas adopta o xermanismo “lemming”,
aínda que esta palabra non adoita aparecer nos dicionarios españois. O
portugués é das poucas que adapta a palabra, como: “lemingue” ou “lêmingue”
(no Brasil); e tamén o italiano que adapta o latinismo: “lemmo”. Aínda que o Gran Dicionario Seculo XXI da Lingua Galega
recolle este estranxeirismo: lémming (pl. lémmings), coido máis razoábel adaptar esta palabra á única pronuncia
galega posíbel: lémming >lemin; seguindo o exemplo doutro
xermanismo adaptado: meeting>mitin.
Porén ademais das catro familias de roedores que contan con
especies en Galiza, hai seis familias máis con representantes no resto de España
e noutros países europeus:
Aínda que os hámsteres domésticos proveñan maioritariamente
de dúas especies asiáticas: o hámster
ruso (Phodopus sungorus) e o hámster
dourado sirio (Mesocricetus auratus), Europa alberga tres especies
autóctones de Cricétidos: o hámster común (Cricetus cricetus), propio de gran parte
de Europa, dende Bélxica e Alsacia até a cordilleira do Altai e o río Ienisei
en Rusia, e que recibe os nomes de: hámster
vulgar/europeo (castelán), hàmster
comú (catalán), hamster-comum
(portugués), hamster d’Europe/commun
e cochon de seigle/des blés
(francés), criceto comune (italiano),
european/eurasian/black-bellied/common
hamster (inglés) e feldhamster ou
europäischer hamster; o hámster dourado romanés (Mesocricetus newtoni),
endémico do SE de Romanía e do norte de Bulgaria, que é denominado como: hámster rumano/dorado (castelán), hàmster daurat (catalán), hamster de Roumanie/de Newton/doré de
Roumanie (francés), criceto dorato di
Romania (italiano), romanian/Dobrudja
hamster (inglés) e rumänischer
hamster/goldhamster (alemán); e o hámster migrador
(Cricetulus migratorius), que mora nas estepas eurasiáticas, dende Moldavia e
Ucraína até Mongolia e o NW da China, e chámase: hámster migrador (castelán), hàmster
gris (catalán), hamster migrateur
(francés) e grey/migratory hamster
(inglés). Como se ve, a maioría dos idiomas occidentais adoptaron o xermanismo
“hamster” para denominaren as
especies desta familia.
As sicistas, pequenos roedores moi semellantes aos ratos
pero con patas posteriores máis longas, un rabo longuísimo e unha lista negra
percorrendo o seu lombo dende a cabeza ao rabo –coma no “rato listado”–,
pertencen á exclusiva familia dos Zapóridos.
En Europa moran dúas especies: a sicista nórdica
(Sicista betulina), que se atopa dende Polonia, Chequia e Austria até o centro
de Siberia; e recibe os nomes de: sicista
nórdica, ratón listado nórdico ou
ratón gregario (castelán), sicista/ratolí dels bedolls (catalán), siciste des bouleaux ou sminthe errant (francés), northern bitch mouse (inglés) e waldbirkenmaus (alemán). E a sicista esteparia (Sicista subtilis), que vive nas
chairas dos Balcáns, Romanía, Ucraína e o sur de Rusia; e ten como nomes: sicista esteparia ou ratón listado estepario (castelán), sicista/ratolí de les estepes (catalán),
siciste des steppes ou sminthe des steppes (francés), southern birch mouse (inglés) e steppenbirkenmaus (alemán). Coido que
usar o seu nome de xénero é o máis correcto, dado que non son auténticos ratos.
Os castores, en plural porque son dúas as únicas especies
vivas da familia dos Castóridos, e ambas
habitan Europa, porque á especie autóctone: castor
eurasiático (Castor fiber), hai que engadir a introdución do castor americano (Castor canadensis) en Finlandia e no
norte de Rusia. Coido mellor a denominación de “eurasiático” ca “europeu” porque
a especie chega por Siberia até o centro de Asia. Nalgúns lugares aparece a
denominación de befre (< lat.
fiber) como sinónimo, mais é un castelanismo e neste idioma é un arcaísmo sen
apenas uso. O castor anda a ser introducido na maioría dos países europeus,
mesmo en España na cunca alta do Ebro, pois esta especie morou outrora no norte
ibérico até séculos máis próximos do que moita xente pensa (s.XVII ou XVIII).
Os Espalácidos é unha
familia moi descoñecida en Europa occidental porque as súas especies habitan na
parte oriental do continente e pasan a maior parte da súa vida baixo terra.
Fóra do italiano que adapta o seu nome de xénero para as denominar: “spalace”; a maioría das linguas
occidentais optan por un nome que recolle a súa dupla condición de roedor e
morador subterráneo: “rata topo”, “rat-taupe”, “mole-rat”, “rata talp cega”
ou “blindmaus” (= rato cego). Por
isto coido que a mellor opción en galego sería seguir este exemplo e
denominalas como: “rata toupeira”,
onde a segunda palabra aproveita os seus significados de: “toupa” e “morea de
area e galería produto da escavación dunha toupa ou roedor –coma as cortas–”.
En Europa hai unhas seis especies, dúas máis coñecidas e catro apenas coñecidas:
a rata toupeira occidental (Spalax leucodon),
propia dos Balcáns, Hungría, Romanía e oeste de Ucraína, e denominada noutros
idiomas como: rat-taupe (francés), spalace occidentale (italiano), lesser mole-rat (inglés) e westblindmaus (alemán); a rata toupeira oriental (Spalax microphthalmus), que
habita nas estepas de Ucraína e o sur de Rusia, e é denominada noutras linguas
como: rata topo grande/oriental
(castelán), rat-taupe ordinaire/à petits
yeux (francés), spalace orientale
(italiano), greater mole-rat (inglés)
e ostblindmaus (alemán); a rata toupeira de Bucovina (Spalax graecus), propia de
Romanía, Moldavia e Ucraína, e chamada en inglés: Balkan/Bukovin mole-rat; a rata toupeira de
areal (Spalax arenarius), endémica de Ucraína e denominada en inglés: sandy mole-rat; a rata toupeira xigante (Spalax giganteus), moradora do
sur de Rusia e denominada en inglés como: giant/russian
mole-rat; e por último, a rata toupeira de Podolia
(Spalax zemni), un endemismo de Ucraína central e occidental, chamada en
inglés: Podolian/Podolsk mole-rat.
O porco espiño (Hystrix cristata), é único representante dos
Hystrícidos que mora en Europa e o auténtico
mamífero con esta denominación, pois aínda que na fala popular se empregue como
sinónimo do “ourizo cacho” –e así o recolle o dRAG na súa primeira acepción–, é
esta especie africana a verdadeira dona de tal nome. Así o recollen as
denominacións das demais linguas: puercoespín
crestado (castelán), porc espí
(catalán), porco-espinho-de-crista-africano
(portugués), porc-épic à crête/commun/d’Europe
(francés), crested porcupine
(inglés), istrice ou porcospino (italiano). Semella que foron
os romanos os que introduciron a especie en Italia, onde habita dende o centro
até Sicilia. Coido que seguindo o exemplo máis usado débese chamar a esta
especie: porco espiño cristado.
O coipo (Myocastor coypus),
orixinario do sur de Suramérica e única especie dos Caprómyidos
en Europa, hoxe mora, mercé á industria peleteira, nunha boa parte de países do
continente: Franza, Bélxica, Países Baixos, Alemaña, Italia e varios países
balcánicos, e tamén en España, en zonas do País Basco, Navarra, Cantabria e
Cataluña. Recibe varias denominacións, algunha abondo inadecuada, así: coipo, coipú e nutria (roedora)
(castelán); coipú (catalán); rato-do-banhado, nutria, caxinguie ratão-d’água (portugués); ragondin (francés; < rat gondin (rata
de río)); nutria e castorino (italiano); coypu, river rate nutria
(inglés); nutria, biberratte (rata-castor) e wasserratte (rata de auga) (alemán); beverrat (neerlandés: “rata-castor”); nutrie (romanés); nutria (húngaro, finés); nutrija
(serbio, esloveno, lituano), etc. Descartado usar o americanismo “nutria”, por razóns obvias, coido que
adaptar o seu nome de especie é o máis correcto, que procede do mapuche: koypu.
LAGOMORFOS
Antano
considerados como roedores, hoxe constitúen a súa propia orde, mais con
unicamente dúas familias: os Ocotónidos, coas
picas, propias de Asia setentrional e
Norteamérica, pero que até non hai moito tiveron un representante en Europa: a pica sarda (Prolagus sardus), que sobreviviu nas illas
de Córsega e Sardeña até a súa extinción no s.XVIII.
E os Lepóridos, que
inclúe os coellos e as lebres:
Cun coello autóctone europeo: o coello
bravo (Oryctolagus cuniculus), como o denomina a GMG. A cría denomínase “cazapo”, tanto nos exemplares domésticos
–que descenden da forma salvaxe– coma nos bravos. Hoxe a especie esténdese pola
maior parte de Europa occidental e central, incluídas as Illas Británicas e o
sur de Escandinavia, porén a súa área orixinal era a Península Ibérica e mais a
beiramar setentrional do Magrebe. Recibe as denominacións de: conejo común/europeo(castelán), coneyu européu (asturiano), conello/conillo/coniello (aragonés), coelho-europeu/-bravo (portugués), conill de bosc (catalán), conilh/coniu europèu (occitano), coniglio selvatico europeo (italiano), conillu/conillyu (sardo), lapin de garenne/commun (francés), european/common rabbit (inglés) e wildkaninchen (alemán).
E outro alóctone: o coello
de rabo de algodón ou coello de Florida (Sylvilagus
floridanus),orixinario do leste de Norteamérica e América central até o norte
de Venezuela e introducido como especie cinexética no NW de Italia e no sur de
Franza. Recibe os nomes de: conejo de
Florida (castelán), conill de Florida
(catalán), coelho-da-Flórida
(portugués), lapin à queue blanche/de
Floride (francés), silvilago
orientale ou minilepre (italiano)
e eastern cottontail (inglés).
E seis especies de lebres vivindo no noso continente, das
que tres se dan en España, e as dúas primeiras en Galiza. Até non hai moito unicamente
se recoñecían dúas especies en Europa: a lepus
timidus e a lepus capensis;
considerada antano esta última como unha especie única con varias subespecies
que se espallaba por Africa e Eurasia, mais estudos xenéticos posteriores
fixeron clasificar como especies o que antes se consideraban como simples
subespecies:
A lebre ibérica(Lepus
granatensis), así correctamente chamada na GMG e a especie máis común en Galiza
e no resto da Península Ibérica até o sur do Ebro; que recibe as denominacións
de: liebre ibérica (castelán), lebre-comum (portugués), llebre ibèrica (catalán), lièvre ibérique (francés), Granada/iberian hare (inglés) e iberischerhase (alemán).
A lebre cantábrica(Lepus
castroviejoi) ou lebre do piornal na
GMG –nome copiado do castelán –. Endemismo da Cordilleira Cantábrica, denominada
noutros idiomas como: liebre de piornal/de
Castroviejo (castelán), lebre-cantábrica
(portugués), lièvre des Monts
Cantabriques/des genêts (francés), lepre
cantabrica (italiano), broom hare
(inglés) e Castroviejo-hase ou ginsterhase (alemán).
A lebre europea GMG (Lepus
europaeus), que habita a maior parte de Europa, dende Gran Bretaña –onde foi
introducida hai moito– até o sur de Finlandia e o centro de Siberia, e mesmo o
NE de España ao norte do Ebro chegando polo oeste até Asturias central;
denominada noutras linguas: liebre
europea (castelán), lebre-europeia
(portugués), llebre comuna/europea
(catalán), lièvre d’Europe (francés),
lepre europea/comune (italiano), european/brown hare (inglés) e feldhase (alemán).
E tres no resto de Europa:
A lebre variábel (Lepus
timidus), que recibe o seu nome por variar de cor –de castaño a branco– segundo
a estación do ano; e que habita dende Escandinavia e leste de Polonia até o
norte do Xapón, con illas de presenza nos Alpes, Irlanda e Escocia. Denominada
noutras linguas como: liebre de
montaña/variable (castelán), lebre-da-Eurásia/-azul/-da-montanha/-alpina
(portugués), llebre de les neus
(catalán), lièvre variable (francés),
lepre variabile/bianca (italiano), mountain hare (inglés) e schneehase (alemán).
A lebre itálica (Lepus
corsicanus). Especie endémica da Península Itálica e Sicilia, e introducida
cara ao s.XIV en Córsega, que hoxe diminúe pola presión da lebre europea,
introducida en Italia con fin cinexético. Nomes: liebre corsa (castelán), lepre
appenninica/italica (italiano), lièvre
d’Italie (francés), corsican/apennine/italian
hare (inglés), korsika-hase ou italienischer hase (alemán).
E a lebre do Cabo (Lepus
capensis), lebre africana e do Oriente Próximo hoxe só recoñecida como especie
moradora de Sardeña en Europa, onde foi introducida dende o norte de África
quizais na época romana; que recibe os nomes de: liebre de El cabo (castelán), lebre-do-Cabo
(portugués), llebre del Cap
(catalán), lièvre du Cap/de la Mediterranée
(francés), lepre del Capo/africana ou
lepre sarda –á variedade de Sardeña–
(italiano),Cape/brown/desert hare
(inglés) e Kaphase ou wüstenhase (alemán).
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOs antigos Insectívoros e mais os Quirópteros constitúen a seguinte e derradeira entrega, que leva máis traballo do que cría pola continua mudanza na clasificación das especies. Con todo coido que será un traballo interesante.
EliminarBeizón polo teu apoio.