Tamén denominado “ladino” e
“judezmo”, é a fala que conservaron os sefardís (é dicir, os españois de
relixión xudía) cando foron expulsados de España a finais do s.XV. A gran
curiosidade desta lingua é que mantivo moitos trazos do castelán daquela época
durante os séculos posteriores, aínda que tamén foi incorporando un vocabulario
hebreo, pois esta era a lingua litúrxica desta xente antes da creación do
estado de Israel (hoxe tamén é a lingua oficial deste estado), e dos idiomas
daqueles lugares onde se asentaron, polo que o xudeoespañol de Marrocos (chamado
haketía) difería algo do de Saraievo
ou do Istambul, e digo diferir en pretérito porque a maioría das comunidades
sefardís foron desaparecendo deses lugares onde permaneceran durante séculos
para converxeren principalmente no moderno estado de Israel.
Con todo, a parte dedicada a esta
fala no “Manual de dialectología hispánica” de Manuel Alvar incide en que o termo
“ladino” refería só “a lingua en que se escribían os textos relixiosos”, mais
co tempo pasou a ser un sinónimo da fala xudeoespañola e así se usa hoxe, sobre
todo, polos propios xudeus sefardís.
Asi e todo, as principais
diferenzas entre o ladino e o español, malia o rechamante da ortografía
fonética que usa o xudeoespañol, non está na morfosintaxe nin no léxico, a
pesar dos empréstimos das linguas de substrato que tomou o ladino, senón na
fonética, onde a conservación da pronuncia do castelán do s.XV permanece case
intacta, polo que moitas palabras que se escriben de igual forma nas dúas
linguas pronúncianse de diferente maneira. Este suceso tamén ocorre entre o
portugués e o galego, onde é tamén a fonética a que marca a principal diferenza
entre as dúas falas, moi por riba do léxico, que descastelanizado é abondo
semellante (ex.: nación > naçon/nazón e nação; amable > amábel e amável),
e da morfosintaxe, onde hai algunhas diferenzas significativas pero non
excesivas.
As diferenzas fonéticas están,
loxicamente, exclusivamente nos fonemas consonánticos: S sonoro que escriben
con Z e S xordo que representan con S, a fricativa postalveolar sonora escrita
con J, a xorda co dígrafo SH e unha fricativa postalveolar especial
representada co dígrafo DJ. Con todo, algúns sons idénticos se edscriben de
diferente forma: o son /k/ sempre se representa coa letra K, a fricativa velar
(o J castelán) con H e a nasal palatal co dígrafo NY. Coma en español B e V
representan o mesmo son oclusivo bilabial.
E como demostración de todo o
exposto anteriormente inclúo este contiño tirado da páxina web: “myladino.com”,
titulado “U-lo gato?”, lembrando que son numerosas as páxinas web onde podemos
ler a curiosa lingua xudeoespañola, existindo mesmo unha versión da wikipedia:
“El gato ande está?”
Un día Djohá, antes de irse a su
echo, se fue al kasap, merkó dos kilós de karne i los trusho a su kaza. Le
disho a su mujer: “Toma esta karne i gízala, porké a la noche vo retornar
ambierto. Me kero gozar la komida.”
La mujer le disho: “Bashustuné!
(kon grande plazer)”
Djohá se fue a su echo, entonses
la mujer yamó a sus amigas para pasar el tiempo, i djugaron i kantaron i les
vino ambre.
La mujer de Djohá kitó la karne
ke gizó i izo pranso grande. I se komieron toda la karne.
A la noche tornó Djohá ambierto.
Le dize a la mujer ke apronte la meza, ke está ambierto.
Eya no save komo dizirle ke no ay
karne.
Le dize: “No demandes!... En aziendo yo los echos de kaza, el gato se
komió la karne!”
Djohá bushkó el gato, lo apanyó i
lo pezó. El gato pezó dos kilós.
Le disho Djohá a la mujer: ”Si
akí está la karne, el gato ande está?”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario