A seguir un breve fragmento do inicio d'A doncela e a morte:
"Tarde nos decatamos de como o fado pode estar nas mans do azar. Unha torpe decisión, case irrelevante, pode determinar definitivamente o noso destino. Por iso, recoméndolle querido lector, que decontado lea este relato e obre logo en consecuencia nas moitas decisións que deberá tomar durante o resto da súa vida, pois é de sabios aprender cos erros alleos sen agardar polos propios."
Escoitar a crítica de Armando Requeixo prá radiogalegapodcast aquí
"É unha narrativa que avanza directa ao corazón da intriga, da trama..."
"Domina moi ben ese debuxo que crea as atmoferas onde acontecen os relatos"
"Hai un vitral, un mostrario moi amplo de relatos"
Se alguén desexa adquirir o libro, amais de procuralo nas librarías especializadas, pode pedirmo ao seguinte enderezo electrónico: ldelacallecarballal@gmail.com, ao prezo de 12 € incluído o custo de envío por correo en España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario