Despois de
ler varios libros e comprobar como moitos autores e, seica, correctores
ortográficos descoñecen as regras que indican o emprego de maiúsculas e
minúsculas tras estes sinais de pontuación tan frecuentes nos textos, síntome
obrigado a recordar tais regras, que, como a seguir se verá, non son tan
difíceis de lembrar.
A raia, cando se utiliza pra introducir incisos nun texto ou separar
palabras do narrador nas frases dos personaxes, sempre se escribe sen
separación coa primeira palabra tanto ao principio coma ao final coa última e
comeza sempre en minúscula, agás que a palabra inicial deba ir en maiúscula en
por si; agás cando a raia segue a un ponto, mais non se vai detrás de
interrogación exclamación ou pontos suspensivos. E cando indica inicio dun
texto dialogado sempre se escribe apegada á primeira palabra da frase, que vai
en maiúscula.
Ex.:
–Coido que
non querería viver aquí –dixo o home.
–Non podo
dicir que si. –Miroume–. Intento ser sincero.
–Vaia –dixen
de alí a un pouco–, que ano tan bo para as landras! –o cal era absolutamente
lamentable.
–Onde
pensades que ides? –preguntou con voz brutana e logo engadiu–: E non vou
permitir […].
–Se cadra
non. Se cadra só mo parece a min… –e quedou alí sentado mirando para as mans.
Os pontos suspensivos, que serven pra deixar a frase sen concluír,
sempre son tres e sempre van detrás da derradeira palabra da frase inconclusa
sen deixar espazo. Xa que logo, nunca van diante dunha palabra apegados a ela. A
frase a seguir a estes pode ir en minúscula se forma parte da anterior ou en
maiúscula se se considera independente da anterior. Poden ir seguidos e detrás doutros
signos de pontuación e entre corchetes indican que se omite unha parte do texto
que se cita.
Ex.:
Acho que…
finalmente aceptarei o posto.
Ser… ou non
ser…
Vai rañala…
Non te aturo.
Non sei…,
bo…, realmente si que o sei.
Xa chegaron
as cadeiras, a mesa…; daquela o cuarto está ben distinto.
Chaman do
hospital… Espero que sexa boa nova.
Díxencho
todo e…! Mais é inútil.
Será
verdade?... Espero que si.
Xa veu ese
señor…? Abofé que veu.
–… Mais non
dixo… ren.
[…] está
errado totalmente […] e non hai ningunha posibilidade de emenda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario