Hai unha
locución adverbial para indicar que algo se fai “xuntamente entre todos, de
común acordo ou en unión”: de consún.
Se a procuran no dicionario da RAG
non a atoparán, dada a gran cantidade de carencias que amosa o dicionario oficioso
do galego. Aínda que se trata dunha locución recollida nos dicionarios
históricos de Marcial Valladares, Carré Alvarellos, Ibáñez Fernández, Rodríguez
González e Franco Grande; ou nos actuais Gran Dicionario Xerais da Lingua e
dicionario Estraviz (de consum).
Así mesmo é admitida tanto na lingua
portuguesa (de consum) coma na castelá (de consuno) cos mesmos
valores.
Etimoloxicamente parece proceder da
unión das palabras: con+só+un, aínda que o Dicionario Priberam da Lingua
Portuguesa opta por: com+suum. Paréceme que a explicación primeira, que recolle
o Gran Dicionario Xerais da Lingua e mailo o dicionario da RAE é máis acorde co
significado da expresión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario