Esta locución adverbial que une dúas palabras ou frases pra
explicar ou rectificar a enunciada en primeiro lugar ten dúas formas na nosa
lingua, na primeira se segue o modelo do castelán: “es decir”, e na segunda o do portugués: “quer dizer”.
A locución ten varios sinónimos que tamén están presentes nos
dous idiomas que actúan como modelos prá nosa lingua:
Isto é –
isto é (pt) – esto es (es).
A saber – a
saber (pt) – a saber (es).
Ou sexa – ou
seja (pt) – o sea (es).
Noutras
palabras – noutras/em outras palavras (pt) – en otras palabras (es).
Ou mellor –
ou melhor (pt) – o mejor (es).
Mais:
Mellor dito,
por mellor dicir – Melhor dizendo (pt) – Mejor dicho (es).
Aínda que as dúas locucións que
encabezan o texto son correctas na nosa lingua, o senso de “quer dicir” é máis
nidio có de “é dicir”, proveniente da expresión: “querer dicir”, sinónima do
verbo “significar”, e amais achéganos ao portugués e diferéncianos do castelán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario